As paredes do día

Miguel Alonso

Miguel Alonso

Rebuscando entre antigos arquivos atopei algúns poemas de fai, polo menos, oito ou nove anos. Como curiosidade aquí lles deixo un. Non sexan moi crueis con el. Unha aperta.

 

 

Romper as paredes do día.

Esta noite é o meu reto

contar os lunares do sol

camiñando devagar no teu ventre.

Mentirche á cara e saber

que non podo enganarte.

Roubarche a roupa interior

e queimala.

Hoxe son vixiante de soños nocturnos

e son biblioteca de libros prohibidos.

E son luz de lúa e eclipse

e son vampiro abstemio de sangue.

E ti equivócasme con xestos estraños

e mandas sinais nubradas con bicos

e contas lunares

e queimas satén

e camiñas devagar no meu ventre.

Lea también

El bulo de los caramelos envenenados: cómo se fabrica una ‘verdad’ que no necesita ser cierta–(Pepe Fernández del Campo)

Pepe Fernández del Campo (*) Dicen que hay momentos en los que una ciudad deja …