Fene súmase á XIX Limpeza Simultánea de Ríos

As entidades fenesas AETNA e Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico Betula participan esta fin de semana, coa colaboración da concellería de Medio Ambiente, nunha nova edición da campaña Móllate polos ríos.

Con esta iniciativa, promovida pola organización ecoloxista Adega, preténdese movilizar a centos de voluntarios e voluntarias de toda Galicia para “recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais”.

En Fene, a XIX Limpeza Simultánea de Ríos centrarase na retirada de refugallos no río Baa ao seu paso por Vilar do Colo (Bétula) e na parroquia de Maniños (Aetna).

As persoas que desexen colaborar poden apuntarse como voluntarias nos teléfonos 651 884 692 (Betula) e 610 364 551 (Aetna) ou enviar un correo electrónico a custodia.betula@gmail.com // mjgarciaponte@gmail.com. Tamén se poden presentar o mesmo día da limpeza, o domingo 4 de outubro, ás 10.30 horas, en calquera dos locais sociais das entidades participantes.

As persoas participantes deberán ir con roupa e calzado cómodos, facilitándoselles ao chegar o o material para realizar a limpeza (luvas, bolsas de lixo)

Desde que naceu o Proxecto Ríos e a Limpeza Simultánea, en 2008, milleiros de quilogramos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que participan todos os anos nesta iniciativa.

Segundo explica Adega, “o máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito”.

 

Lea también

Neda abre inscrición para un curso de lingua e cultura galegas para adultos sen coñecemento do idioma

Neda abre ata este venres o prazo de inscrición para un curso sobre lingua e …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *