ASCM reforza o seu compromiso co voluntariado e co traballo en rede

A entidade participa na Asemblea Xeral da Plataforma Galega de Voluntariado e impulsa novas liñas de traballo no ámbito da formación.

Plataforma Galega de Voluntariado PGV

A Asociación Sociocultural ASCM continúa reforzando o seu compromiso co voluntariado e co traballo en rede a través da súa participación activa na Plataforma Galega de Voluntariado (PGV).

Paula Gárate Formoso, presidenta de ASCM, vicepresidenta da PGV e responsable da súa Comisión de Formación, participou onte na Asemblea Xeral da Plataforma, celebrada en Santiago de Compostela, na que se abordaron diferentes liñas de traballo para seguir fortalecendo o voluntariado en Galicia.

Entre os asuntos tratados a xornada tamén permitiu avanzar na preparación de posibles accións conxuntas arredor do Día Internacional do Voluntariado, que se conmemora o 5 de decembro, nun ano especialmente significativo ao estar declarado por Nacións Unidas Ano Internacional dos Voluntarios para o Desenvolvemento Sostible 2026.

Plataforma Galega de Voluntariado PGV

No ámbito da formación, a comisión coordinada por ASCM continuarámtraballando na identificación das necesidades reais das entidades como paso previo á elaboración dun futuro Plan de Formación da PGV. Para iso, prevese realizar un inventario dos recursos e necesidades formativas, revisar o catálogo existente para detectar formacións imprescindibles e necesidades non cubertas e identificar as formacións específicas que xa desenvolven as entidades membro.

Esta participación dá continuidade aos 25 anos de experiencia de ASCM no ámbito do voluntariado inclusivo, unha aposta por facilitar a participación activa e o compromiso social das persoas voluntarias, con e sen discapacidade.

Para ASCM, formar parte destes espazos de coordinación permite seguir contribuíndo ao fortalecemento do voluntariado galego desde a colaboración entre entidades, compartindo aprendizaxes e construíndo respostas colectivas ás necesidades das organizacións e das persoas voluntarias.

Lea también

Asotrame organiza unha charla en liña gratuíta sobre discapacidade e dereitos

Asotrame organiza este mércores 30 de setembro, a partir das 19 horas, unha charla en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *