Marta Villaverde e o patrón maior da Cofraría de Pescadores de Ferrol reúnense para avanzar na mellora da actividade pesqueira y marisqueira

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse hoxe co patrón maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, Gustavo Chacartegui, nun encontro no que abordaron a situación da actividade pesqueira e marisqueira na ría e as principais necesidades trasladadas polos profesionais do sector.

A conselleira do Mar abordou co patrón maior da entidade, Gustavo Chacartegui, as principais necesidades e demandas dos profesionais da ría | Fot. Xunta

A responsable autonómica reafirmou a disposición da Xunta a manter unha interlocución directa e permanente coas confrarías como entidades fundamentais para coñecer de primeira man a realidade das persoas que viven do mar e avanzar conxuntamente na procura de solucións ás súas demandas.

Neste sentido, Villaverde puxo en valor a colaboración mantida nos últimos anos coa confraría ferrolá para favorecer a sustentabilidade da actividade, a modernización das instalacións portuarias e da lonxa e a mellora da comercialización dos produtos pesqueiros e marisqueiros.

Ao abeiro do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa), as actuacións apoiadas pola Consellería do Mar na Confraría de Ferrol durante 2025 e 2026 superan os 500.000 euros. Entre elas figuran proxectos para reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal, recuperar poboacións de ourizo, modernizar a lonxa e a súa fábrica de xeo, mellorar os equipamentos da peixaría e impulsar a promoción e venda directa dos produtos locais.

Durante a xuntanza analizouse tamén a importancia de mellorar as condicións nas que os profesionais desenvolven a súa actividade, ámbitos nos que a Administración autonómica vén colaborando co sector a través de distintas liñas de apoio. A conselleira reiterou o compromiso da Xunta de seguir acompañando ao sector para garantir a súa viabilidade económica, social e ambiental.

Lea también

Cuenta atrás en Ferrol para el inicio de las obras de mejora en la Casa del Deporte

La actuación prevista permitirá modernizar y mejorar estas instalaciones con una inversión de más de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *