GALP Golfo Ártabro Norte organiza encontros informativos do proxecto Feito co Mar

O sector pesqueiro e todas as persoas interesadas na formación e o emprendemento a través da transformación do produto do mar teñen unha cita nestes encontros informativos, nos que se presentarán os Viveiros Formativos de Emprendemento do proxecto Feito co Mar. Realizaranse en Pontedeume, Ferrol, Miño e Paderne.
 
Archivo. Pescadores descargando mercancía | Carlos Castro (E.P.)
Feito co Mar é un proxecto de cooperación coordinado polo GALP Golfo Ártabro Norte, no que participan sete GALP de Galicia, co obxectivo de fomentar o emprendemento e a creación de novas actividades económicas arredor da transformación e valorización dos produtos do mar.
 
A iniciativa busca explorar as oportunidades que ofrecen elaboracións como conservas, salgados, afumados, patés ou pratos preparados, prestando especial atención ás prácticas artesanais e á creación de novos produtos.
 
Un dos principais eixos do proxecto será a posta en marcha, en 2027, dos Viveiros Formativos de Emprendemento, con dous programas de formación práctica, un de iniciación e outro de profesionalización, nos que as persoas participantes poderán aprender, experimentar e desenvolver ideas de negocio vinculadas ao produto pesqueiro.
 
Desde o GALP «xa vimos traballando na presentación desta iniciativa ás confrarías e aos concellos do noso territorio, co propósito de coñecer as súas necesidades e favorecer a súa participación no desenvolvemento do proxecto».
 
Os encontros informativos dos días 4 e 5 de novembro constitúen unha oportunidade para achegar Feito co Mar ao sector pesqueiro e a todas aquelas persoas interesadas en formarse ou emprender neste ámbito.
 

Lea también

Gardacostas retiró en la última semana 371 nasas ilegales de las costas gallegas

El Servizo de Gardacostas de Galicia, dependiente de la Consellería do Mar, retiró en la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.