A compañía brasileña Heliodora trae a Valdoviño o espectáculo de monicreques e formas animadas «Barbacena»

O Concello organiza tamén unha sesión especial para o alumnado do CPI Atios, que poderá desfrutar este venres da obra «O burro errante» .

Actuación en 2024 nas Forcadas

O Festival Internacional de Entes Animados chega esta fin de semana a Valdoviño coa compañía brasileña Heliodora, de Fabio Superbi.  O domingo, a partir das 12:30 horas, representará na Porta do Sol o espectáculo teatral de monicreques e formas animadas «Barbacena».

Coincidirá coa celebración do Feirón mensual de Valdoviño. A compañía vén avalada polo éxito colleitado na edición pasada, que levou a modificar as bases do certame para abrir a programación a compañías que xa tiñan participado en edicións anteriores.

Liderada polo prestixioso director, marionetista e narrador Fabio Superbi, trae desta volta a Valdoviño unha proposta artística que destaca polo seu enfoque no teatro de figuras, monicreques de fíos e obxectos.

Ademais, non será a única función do festival na localidade, xa que o Concello decidiu reservar un segundo espectáculo para o alumnado do CPI Atios, e este venres, ás 12:00 horas, o auditorio albergará para eles a obra «O burro errante», dos brasileiros Habib e Valeria.

O Festival Internacional de Entes Animados é un proxecto conxunto dos concellos de Ares, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño co que se busca diversificar a oferta de actividades de lecer achegando ao público esta disciplina artística. Esta oitava edición reúne a compañías dos dous lados do Atlántico, e unha vintena de funcións.

Lea también

Valdoviño reedita los talleres de musicoterapia

El Concello recuerda que la inscripción es abierta y gratuita. El Ayuntamiento de Valdoviño organiza …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *