Ponse en marcha o protocolo entre as tres universidades galegas e o SERGAS en materia de acompañamento psicolóxico ao estudantado

A experiencia de Afrontemos foi xerme desta colaboración, que permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria.

A Universidade da Coruña reafirma o seu compromiso coa saúde mental e o benestar emocional da comunidade universitaria coa participación na posta en marcha do novo protocolo común de acompañamento psicolóxico ao estudantado das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG), desenvolvido en colaboración co Servizo Galego de Saúde (Sergas).

A creación deste marco común é tamén resultado da aposta estratéxica da Universidade da Coruña pola colaboración interuniversitaria en materia de saúde mental. Este avance institucional consolida unha liña de traballo que a UDC vén desenvolvendo desde hai anos a través de Afrontemos, iniciativa pioneira no ámbito universitario galego que situou a atención á saúde mental e ao benestar emocional entre as prioridades estratéxicas da institución.

Desde a súa creación en 2021, Afrontemos recibiu 626 solicitudes de información ou atención psicolóxica, todas elas atendidas en breves prazos, e prestou acompañamento terapéutico a 577 persoas da comunidade universitaria. Na actualidade, non existe listaxe de agarda e as persoas usuarias acceden a unha primeira cita nun prazo inferior a quince días.

O programa desenvolvido pola Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar (UIICF) baixo a dirección de Valentín Escudero, combina atención psicolóxica especializada, accións de prevención e sensibilización, formación e orientación, converténdose nun referente no ámbito universitario galego. A experiencia acumulada ao longo destes anos serviu de base para avanzar cara a modelos de cooperación máis amplos entre as institucións de ensino superior de Galicia.

A UIICF conta cunha ampla traxectoria no traballo con infancia, adolescencia, familias e mocidade, tanto desde a investigación como desde a intervención e a transferencia de coñecemento. Ademais, está acreditada polo Sergas como centro sanitario especializado en psicoloxía clínica e sanitaria, unha circunstancia que reforza a calidade e a solvencia técnica do servizo prestado.

O novo protocolo común entre o Sergas e as tres universidades galegas establece criterios homoxéneos de acceso, avaliación, intervención e comunicacion@udc.gal Teléfono 881 011 047 · WhatsApp +34 689 447 663 derivación, así como mecanismos de coordinación entre os servizos universitarios e o sistema público de saúde. Entre as actuacións previstas inclúense a atención psicolóxica breve individual e grupal, actividades preventivas e psicoeducativas, asesoramento ao estudantado e ao persoal universitario, accións de difusión e coordinación permanente cos recursos asistenciais comunitarios.

A colaboración entre a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica acumulada polos servizos universitarios de atención psicolóxica e a evidencia científica dispoñible neste ámbito.

Para a Universidade da Coruña, a posta en marcha deste protocolo supón o recoñecemento dunha traxectoria sostida no tempo a favor da saúde mental universitaria. A experiencia desenvolvida a través de Afrontemos demostra a importancia de contar con recursos accesibles, especializados e próximos ao estudantado para contribuír ao seu benestar persoal, social e académico.

UDC

Lea también

A Facultade de Ciencias do Traballo achega ao alumnado de 1º curso á realidade profesional dos seus egresados

O encontro, organizado no marco do Plan de Acción Titorial (PAT), reunirá, o mércores 23 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *