Manuel Carballeira gaña o Certame de Pintura Rápida de Cedeira

Un total de 34 artistas espalláronse pola fermosa parroquia de Cervo na XII edición do Certame de Pintura Rápida Vila de Cedeira, que se convirte nun dos máis alta participación dos últimos anos.

É a primeira edición especial adicada ás parroquias, unha iniciativa que o Concello prevé manter en próximos anos para plasmar, a través deste concurso, a beleza de todo o seu territorio.

Manuel Carballeira Rivas, gañador doutra edición anterior do certame, foi o gañador deste ano. Xunto con Carballeira Rivas, lucense afincado en Valdoviño, foi recoñecido co segundo premio o artista Carlos Triñanes, de Rianxo, e o ferrolán Andrés Gabarres, co terceiro. Os accesits foron para Isabel Seidel, Tono Lorenzo, David Durán e Francisco Victoria.

A maior parte deles acudiron a Cedeira un ano máis, despois de ter levado xa algún premio en edicións anteriores. O primeiro premio está dotado con 900€, o segundo con 700 e o terceiro con 500€, mentres que cada accésit levou 100€. O Concello de Cedeira agradeceu a todos os e as artistas a súa participación e destacou o alto nivel das súas obras.

Lea también

El ‘electrolatino’ triunfa en las Fiestas de Ferrol

La noche ha empezado al ritmo del DJ Mirón animando a los presentes. La plaza …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *