Valdoviño habilita un espazo de promoción no Pantín Classic para artesáns e produtores locais

A concellería de Cultura e Turismo abre inscrición para sumarse á iniciativa, que se desenvolverá do 22 ao 30 de agosto.

Fuente Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño volve apostar polo Pantín Classic como escaparate para as marcas locais, e por segundo ano consecutivo contará cun espazo expositor e de venda patrocinado para a presenza de artesáns e produtores de Valdoviño. Así, a concellería de Cultura e Turismo abre convocatoria para que aqueles e aquelas interesadas en tomar parte se apunten enviando unha mensaxe de whatsapp ao 609 669 801.

Así, de acordo coa organización do campionato mundial de surf, a cita reservará do 22 ao 30 de agosto un espazo no village para a exposición e venda dos seus produtos. Será un punto compartido no que os propios produtores e artesáns consensúan o calendario que mellor se adapta aos seus intereses.

A fórmula ensaiouse con éxito o pasado ano, e tamén este, no transcurso do Campionato de España de Surfing.

O Abanca Pantín Classic Galicia Pro alcanzará este ano a súa 39ª edición, e como xa é habitual, o evento trascende o meramente deportivo, incluíndo numerosas actividades na súa programación que transcorren de forma paralela (gastronomía, medioambiente, actuacións musicais…), o que supón un atractivo máis para os seus case que 100.000 visitantes por edición.

A subida de categoría en 2026 representa un dos maiores fitos na historia do surf español, xa que o campionato deixa atrás o seu formato tradicional dentro do circuíto rexional para converterse nun WSL Special Event / QS 6000 Internacional, unha categoría creada pola World Surf League para un número moi reducido de probas estratéxicas repartidas polo mundo.

Lea también

Carreira Popular e travesía a nado, citas destacadas en Cedeira

Ata o venres segue a Semana Infantil, que está a ter gran participación e os …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *