A Deputación da Coruña potencia o patrimonio militar da Costa Ártabra

O vicepresidente Xosé Regueira e a deputada Cristina García asinaron as actas de entrega cos respectivos alcaldes de dous proxectos de mellora de accesos e mobilidade ciclista nas baterías militares destes concellos, financiados con fondos NextGenerationEU.

Fuente Diputación de A Coruña

A Deputación da Coruña continúa consolidando a súa estratexia provincial de potenciación turística co acto de entrega de dúas obras de infraestrutura no patrimonio fortificado da Costa Ártabra.

O vicepresidente do goberno provincial, Xosé Regueira, e a deputada Cristina García completaron unha xornada institucional nos concellos de Ares e Valdoviño para referendar a finalización destas intervencións, integradas no Plan de Sostibilidade Turística en Destino denominado ‘Casco histórico de Ferrol e patrimonio militar da Costa Ártabra’, coas que a institución segue a vertebrar un modelo turístico de calidade baseado na sustentabilidade e a riqueza histórica do territorio.

Fuente Diputación de A Coruña

A primeira parada da xornada tivo lugar en Ares, onde se asinou xunto ao alcalde, Julio Ignacio Iglesias Redondo, a acta de recepción técnica dos traballos de mellora da comunicación viaria entre o Castelo da Palma e as baterías militares de costa.

Fuente Diputación de A Coruña

Esta obra contou cun investimento de 299.700 euros e consistiu no acondicionamento integral do antigo camiño de terra, que presentaba importantes fochancas e un avanzado estado de erosión. Os traballos permitiron dotar o camiño dun novo firme estable e compactado con materiais ecolóxicos integrados na paisaxe, ademais de construír sistemas para a correcta canalización das augas pluviais, transformando un acceso deteriorado nun itinerario peonil accesible e seguro que conecta as dúas fortificacións e facilita un percorrido cultural idóneo para os visitantes.

Fuente Diputación de A Coruña

O vicepresidente provincial manifestou o orgullo da institución por “culminar estes proxectos específicos”, destacando que “con estas inversións non só se recupera a memoria histórica e o patrimonio monumental, senón que se pon a disposición da cidadanía un recurso turístico de primeira orde internacional”.

Pola súa banda, a deputada provincial Cristina García tomou a palabra para poñer en valor a transformación do espazo, indicando que “a intervención en Ares demostra que a comodidade, a seguridade dos peóns e o respecto polo contorno paisaxístico deben ir sempre da man se se quere ofrecer unha experiencia cultural atractiva e de calidade que xere riqueza na comarca”.

Fuente Diputación de A Coruña

A continuación, a comitiva desprazouse ao concello de Valdoviño, onde foron recibidos polo alcalde, Alberto Fernández, e a concelleira e deputada provincial Rosa Ana García, para asinar a acta de entrega do proxecto de creación e sinalización de camiños ciclables na emblemática batería de Campelo. Esta actuación supuxo un investimento de 134.300 euros..

Na contorna de Campelo, Regueira tomou novamente a palabra para incidir en que a aposta polos itinerarios ciclables reforza o compromiso da Deputación “cun turismo verde e responsable que respecta e engrandece o noso patrimonio costeiro”. Cristina García quixo concluír afirmando que “a mobilidade branda é unha peza clave para o futuro da comarca, xa que facilita unha alternativa de lecer activa que conecta os núcleos urbanos cos espazos de interese histórico”.

O proxecto forma parte do PSTD Centro Histórico de Ferrol e Patrimonio Militar da Costa Ártabra, que mobiliza un investimento global de 1,2 millóns de euros para impulsar actuacións sostibles na contorna.

Lea también

Trabajadores de Lugove se concentran en Vigo ante las condiciones «precarias» que padecen

Decenas de trabajadores de Lugove, concesionaria del servicio gallego de transporte público interurbano en el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *