«A cor do Atlántico», a exposición de Bronwen Sarah Griffith no Ateneo Ferrolán

 

A través dos seus lenzos, a artista achéganos á forza e á beleza do noso litoral: ondas, escuma, luces cambiantes e todas esas cores do Atlántico que fan da nosa costa unha paisaxe única. Unha invitación a mirar o mar con outros ollos e descubrir toda a súa riqueza cromática.

Fuente Ateneo
A artista leva máis de 25 anos pintando o mar desta parte de Galicia. O litoral de Ferrol, Narón e Valdoviño é unha das súas grandes fontes de inspiración. A súa pintura nace da observación directa da costa, dos cambios de luz, do tempo e desas transformacións constantes que fan que o mesmo lugar nunca sexa exactamente igual.

Bronwen Sarah Griffith busca trasladar ao lenzo a emoción que produce contemplar o océano. Nas súas obras, o mar non é simplemente unha paisaxe: é movemento, forza, textura e cor. Unha mirada persoal a ese Atlántico que temos tan preto e que, ás veces, pasa desapercibido na rutina diaria.

Nos últimos anos comezou a compartir o seu traballo en diferentes espazos expositivos da comarca. Entre eles están o Casino Ferrolano e a Casa da Cultura de Sada. En abril deste ano presentou en Narón Luz, color y mar, unha colección de 48 óleos inspirados no litoral da zona.

Agora expón no Ateneo cunha nova oportunidade para achegar á súa obra e descubrir cantas cores pode agochar o mar que forma parte da nosa paisaxe cotiá, «porque mirar o mar tamén pode ser unha forma de descubrilo de novo».

Lea también

Airiños de Fene homenajea a Abraham Cupeiro en su XXXVIII Xuntanza de Gaiteir@s

El cartel reúne sobre el escenario al propio Abraham Cupeiro junto a Germán Díaz, Lis …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.