O xurado estivo formado por cociñeiros de renome e con estrelas Michelin como Albert Adrià, Javier Olleros e Bittor Arguinzoniz, xunto con Diego García (de Pescaderías Coruñesas) e o escritor gastronómico Alfredo Vozmediano.

Cedeira converteuse na tarde deste pasado lúns na capital internacional do percebe, acollendo o II Campionato Mundial de Percebe, que gañou a confraría de Puerto Vega (Asturias). O vicepresidente, Xosé Regueira, participou nesta xornada, onde puxo en valor o percebe «que non é un simple marisco, é un símbolo da nosa identidade, representa a tenacidade das nosas xentes do mar, que moitas veces se xoga a súa vida para traernos o mellor produto».
A proposta gañadora obtivo 129 puntos nunha cata a cegas realizada por un panel de xuíces excepcional, integrado por cociñeiros de renome e con estrelas Michelin como Albert Adrià, Javier Olleros e Bittor Arguinzoniz, xunto con Diego García (de Pescaderías Coruñesas) e o escritor gastronómico Alfredo Vozmediano. Cedeira acadou o segundo posto, mentres que Luarca completou o podio nunha competición marcada pola extraordinaria calidade das propostas —e pola gran reñidez entre elas—, con diferenzas mínimas de puntuación entre os primeiros clasificados.

Regueira sinalou que «neste anaco dos 956 Km de costa coruñesa que é Costa Ártabra, onde as rochas desafían as ondas con bravura, celebramos unha vez máis o encontro entre a paisaxe e o sabor, a esencia do que lle dá nome á nosa campaña de promoción, «A paisaxe que sabe».»Hoxe non competimos só por un premio«, engadiu Regueira, «tamén partillamos. Partillamos por poñer en valor un xeito de vida sustentábel, un produto de excelencia e unha paisaxe que sabe como poucas. Que gañe a mellor colleita, que brille o traballo ben feito e que este campionato sexa un festín para os sentidos».
No concurso participaron un total de 32 confrarías pertencentes a Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Portugal, Marrocos, a Bretaña Francesa e Mauritania, que, en palabras do vicepresidente, “representan a diversidade dun océano que non coñece fronteiras cando se trata de respecto polo mar e pola tradición”.
O lote gañador foi poxado en beneficio da Cruz Vermella
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.