
A Compañía de Vero Rilo inauguraba este lúns o ciclo de música escolar organizado pola Concellería de Cultura con motivo do Día Internacional da Música. Facíao na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia, onde compartía cos pequerrechos e pequerrechas o seu espectáculo obradoiro de narración oral e música «Pelica de Burra».
Estivo acompañada do músico Luís Iglesias, nunha peza centrada na igualdade, a tradición oral, as musicalidades actuais e non tanto, nos xogos de cóxegas, de colo, ou nos arrolos e contos. Unha actuación que, sen dúbida, conquistou aos máis pequenos e pequenas da casa.
O ciclo continuará este martes 24 xa na casa da cultura, co alumnado do CPI Atios e máis do CRA de Valdoviño como público.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.