Sae a contratación as infraestruturas e servizos vencellados á Festa do Pan de Neda

Avanzan os preparativos da XXXVI Festa do Pan de Neda que, como sempre, terá lugar o primeiro domingo de setembro. O Concello vén de licitar o conxunto das infraestruturas e servizos precisos para a cita gastronómica, declarada de Interese Turístico de Galicia, así como para os eventos musicais que se celebran os días anteriores na contorna do albergue de peregrinos.

Fonte Concello de Neda edición 2025 foto arquivo

A administración local prevé asinar un contrato mixto que, como moito, terá un importe máximo de 27.800 euros (IVE incluído), para a realización de boa parte dos servizos e subministros necesarios para o desenvolvemento desta cita emblemática e dos festivais que a preceden (o canción mariñeira e a Noite de bolos).

A firma adxudicataria deberá aportar a carpa principal de 15 x 50 metros e os demais elementos precisos para o xantar popular, as carpas de venda e degustación de produtos dos fornos locais, as carpas de artesanía e de obradoiros, o escenario exterior cuberto, aseos, cociña, inchables… asumindo, claro está, todas as tarefas de montaxe e desmontaxe.

En paralelo, a empresa adxudicataria deberá xestionar a preparación dos menús para un mínimo de 500 persoas e ocuparse da explotación da cantina. Tamén aportará persoal de produción, de limpeza, de seguridade.

As empresas interesadas no contrato, prorrogable durante un ano, teñen de prazo ata o 16 de xullo para presentar ofertas. Os pregos poden consultarse no perfil do Concello de Neda na plataforma de contratación do Sector Público.

Lea también

A demolición das torres de refrixeración da central térmica das Pontes será o 30 de xullo

O Concello das Pontes confirma que a demolición das torres de refrixeración da central térmica …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *