Neda agasalla bolsas reutilizables de algodón reciclado nos supermercados do municipio

As cinco tendas teñen un día asignado para repartir entre os primeiros clientes da xornada as 20 unidades que lles subministrará o Concello Trátase dunha acción simbólica para incidir na necesidade de acabar coas bolsas plásticas dun só uso.

O Concello de Neda lanza neste Día internacional libre de bolsas de plástico a acción promocional “Dille adeus aos plásticos”, que se desenvolverá ao longo da próxima semana. Trátase dunha iniciativa simbólica, destinada a fomentar a utilización de bolsas reutilizables por parte da veciñanza nos ultramarinos e supermercados do municipio, os negocios que, sen dúbida, máis bolsas dun só uso distribúen entre a veciñanza.

A iniciativa, incluída na campaña de sensibilización sobre a xestión dos residuos “Reducir, reutilizar e reciclar está nas túas mans”, pon o foco no problema ambiental que representan as bolsas plásticas, que teñen unha vida útil media duns 12 minutos- o tempo do recorrido entre a tenda e a casa- e tardan en degradarse ata 150 anos. Un problema de enorme calado se se ten en conta que, no noso país, cada persoa usa e tira unha media de 142 ao ano.

O Concello entregará a cada un dos cinco supermercados da localidade un pequeno lote de 20 bolsas de algodón reciclado, para a súa entrega, no día asignado da próxima semana, aos primeiros clientes e clientas que fagan unha compra mínima de 20 euros.

A iniciativa, que busca ademais ter un detalle con quen elixe para as súas compras os supermercados locais, chegará o martes 7 de xullo ao Covirán Celina e Covirán Muchiqueira, na zona de Xuvia; o xoves 9 de xullo, será a quenda de Ultramarinos Somozas e Eroski City, no núcleo urbano, e o sábado 11, tocaralle ao Claudio Expréss, na zona do Puntal.

A acción promocional permitirá finalmente proxectar no tempo a mensaxe da campaña municipal sobre reciclaxe, que alude á responsabilidade de cada quen na axeitada xestión dos residuos.

Lea también

A demolición das torres de refrixeración da central térmica das Pontes será o 30 de xullo

O Concello das Pontes confirma que a demolición das torres de refrixeración da central térmica …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *