Arrinca en Valdoviño o ‘Concilia Tempos Verán’

Con todas as prazas cubertas, os campamentos municipais «Concilia Tempos Verán» arrincaban esta semana en Pantín aproveitando ao máximo o xogo no exterior. Neste inicio de «curso», o alcalde de Valdoviño, Alberto González, visitaba aos cativos xunto á educadora familiar Iria García.
 
Fuente Concello de Valdoviño
O proxecto busca botar unha man á hora de conciliar obrigas laborais e coidado dos fillos menores por parte das familias traballadoras durante as vacacións de verán, e súmase aos programas que desenvolve o Concello de Valdoviño no Nadal e Semana Santa. Este ano, volve contar co apoio económico de Goberno central e Xunta a través do plan Corresponsables. 
 
Coa colaboración da AVV de Pantín, os campamentos desenvolveranse no local social nos meses de xullo e agosto, aproveitando a pista deportiva, e ofrecerán unha programación de lecer didáctico con saídas á praia, e tamén, outras de carácter cultural.

Lea también

Cabanas licita dos obras de mejora por 113.911,44€

Esta semana se licitaron por parte del Ayuntamiento dos nuevas obras para continuar mejorando las …