As persoas que queiran asistir terán ata o 23 de agosto para inscribirse e aboar o anticipo. O pagamento total deberá realizarse antes do 1 de outubro.

A Asociación Albar Quercus, en colaboración co Concello de Cerdido, organiza unha excursión a Segovia os vindeiros 16, 17 e 18 de outubro. Nesta iniciativa tamén se conta co apoio da Deputación da Coruña.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do 23 de agosto, chamando aos teléfonos 679 912 842, 626 618 881 ou 626 061 737, e aboar un anticipo para reservar a súa praza. O pagamento do importe restante deberá realizarse antes do 1 de outubro.
A excursión dará comezo o venres 16 de outubro, con saída desde Cerdido ás 9:00 horas, A Barqueira ás 9:10 horas e Os Casás ás 9:20 horas. A xornada incluirá diferentes actividades e visitas. Entre elas, os participantes poderán desfrutar dun cocido maragato en Castrillo de los Polvazares, así como visitar Tordesillas, antes de continuar a viaxe ata Segovia, onde se realizará o aloxamento.
A segunda xornada estará dedicada á visita de Segovia e Pedraza, localidade coñecida, entre outros motivos, por ser escenario da gravación da serie ‘Águila Roja’.
Finalmente, o domingo 18 de outubro, a excursión rematará cunha visita ao Palacio Real de La Granja de San Ildefonso.
Desde o Concello animan á veciñanza a participar nesta xornada, que combina cultura, patrimonio, gastronomía e convivencia nunha fin de semana para descubrir algúns dos lugares máis emblemático.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
