Arrinca o campamento de verán “Neda concilia”

O Concello de Neda activaba na mañá deste mércores 1 o campamento de verán “Neda concilia”, o programa gratuíto, destinado a facilitar durante o mes de xullo a conciliación entre as obrigas laborais e o coidado dos menores. Un total de 65 familias da localidade-preto dun cento de nenos- benefícianse desta proposta de lecer estival, financiada integramente pola administración local.

Fuente Concello de Neda

As instalacións do CEIP San Isidro acollen o campamento municipal, que inclúe ao longo de todo este mes unha morea de actividades para todos os gustos, en horario de 8:45 e a 13:45 horas (a rapazada ten horario de entrada libre antes das 10).

O alcalde de Neda, Ángel Alvariño, as concelleiras de Igualdade, e de Cultura, e o edil de Obras achegábanse ao centro escolar para saudar á rapazada, de entre 3 e 12 anos, organizada en tres grupos, en función da idade.

Segundo se adianto una reunión coas familias, o proxecto inclúe na primeira franxa horaria (“Cediño”) actividades plásticas, xogos de mesa e construción, xogos cooperativos e de movemento. E a partir das 10 horas, hora na que xa estarán a totalidade de participantes se amplía o abano de propostas.

Fuente Concello de Neda

Así, haberá actividades creativas, xogos deportivos e cooperativos, deportes adaptados, actividades medioambientais, audiovisuais e de igualdade, teatro, propostas de saúde e de consumo responsable… Ademais, como en anos anteriores, un día á semana os máis pequenos terán saída ao parque dos Subarreiros, en tanto que os maiores desfrutarán de xogos acuáticos na piscina municipal.

Dende o Concello de Neda subliñase a importancia deste servizo gratuíto, que se financia con fondos propios, á hora de facilitar que as nais e pais de menores da vila poidan conciliar vida familiar e laboral neste primeiro mes das vacacións escolares, sen ter que sobrecargar aos avós e avoas. A aposta busca ademais evitar o sedentarismo dos máis novos durante o período non lectivo, fomentando o lecer activo.

Lea también

Herida leve una persona después de que un tren arrollase las ramas de un árbol circulando por Ortigueira

Una persona ha resultado herida leve en la tarde de este viernes después de que …