Activado en Valdoviño o servizo de socorrismo na Frouxeira, Pantín, O Río, Vilarrube e O Baleo

Tras varios anos, rematan os problemas para a contratación, e neste exercicio incorpóranse ata 31 efectivos ao servizo.

O Concello de Valdoviño activa o servizo de socorrismo e salvamento nas praias da Frouxeira, Pantín, O Río, Vilarrube e O Baleo. Un total de 30 socorristas e 1 coordinador encargaranse a partir de agora de velar pola seguridade dos e das bañistas nos areais con maior afluencia da localidade.

Todos os días de 12:00 a 20:00 horas. Precisamente, eses rexistros de visitantes diarios, xunto cos niveis de perigosidade e extensión, son os factores clave para determinar o número de efectivos en cada praia: 7 socorristas en Frouxeira; 5 en Pantín; 3 na praia do Río; 3 en Vilarrube, e 2 no Baleo.

O Concello volverá realizar un importante esforzo inversor neste capítulo, destinando unha partida superior aos 100.000 euros para as contratacións. Neste liña, o alcalde, Alberto González, mostraba a súa satisfacción porque este ano, tras moitos con problemas, o Concello puido contratar o número de socorristas suficientes para garantir o servizo nestas praias.

A razón principal, para o rexedor, é o cambio normativo aprobado pola Xunta de Galicia a instancias da Fegamp, rectificando así a norma aprobada pola propia Administración autonómica.

Nesa regulación hoxe obsoleta establecíase unha duración e custe dos cursos de formación demasiado elevados para un traballo temporal, na maioría dos casos exercido por mozos e mozas coma un complemento aos seus estudos. Esta situación agravábase tamén coa decisión da Xunta de suspender os cursos de reciclaxe para aquelas persoas que contaban con titulacións previas á aprobación da normativa, e que daban acceso ao rexistro de socorristas.

Durante anos, o Concello tivo entón problemas para cubrir as prazas necesarias, e mesmo se viu obrigado a limitar a prestación do servizo a un número moi reducido de praias. Corrixida a normativa, recupérase a normalidade, e neste exercicio, Valdoviño volverá contar coa trintena de efectivos necesarios para ofrecer o servizo.

Lea también

Neda obtiene nuevas ayudas para actualizar la colección bibliográfica de la biblioteca municipal

O Concello de Neda apuesta por seguir incorporando nuevos fondos a la biblioteca pública municipal, que …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *