A Deputación da Coruña completa en Valdoviño a senda ciclable entre as baterías de Campelo Baixo e Campelo Alto

A actuación, cun investimento de 78.394 euros, mellora o acceso peonil e ciclista a este espazo de valor patrimonial e paisaxístico da Costa Ártabra.

Fuente Diputación de A Coruña

A Deputación da Coruña vén de completar as obras de creación e sinalización da nova senda ciclable que conecta a Batería de Campelo Baixo coa Batería de Campelo Alto, no concello de Valdoviño.

A actuación foi supervisada polos técnicos da Deputación e polo alcalde de Valdoviño, Alberto González, que comprobaron o resultado dos traballos executados nun tramo duns 1,7 quilómetros.

Fuente Diputación de A Coruña

O proxecto contou cun investimento de 78.394,24 euros e forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) Centro Histórico de Ferrol e Patrimonio Militar da Costa Ártabra, financiado con fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

Fuente Diputación de A Coruña

A nova senda permite mellorar o acceso a un ámbito de alto interese histórico e paisaxístico, onde se conservan restos das antigas baterías militares construídas en 1914 para a defensa do Golfo Ártabro. Estas instalacións foron desmanteladas nos anos 80 e, ata agora, o acceso presentaba dificultades pola vexetación e polo mal estado dos camiños.

Fuente Diputación de A Coruña

As obras respectaron o trazado dos camiños existentes e acondicionaron un itinerario compartido para peóns e bicicletas, cunha plataforma de 2,75 metros de ancho. Os traballos incluíron a limpeza e retirada de maleza, a mellora da capa de rodadura con zahorra artificial, actuacións de drenaxe e a apertura de cuneta no tramo final de baixada cara ás baterías de Campelo Baixo.

A intervención completouse coa instalación de aparcabicis de madeira e paneis de dirección e información, co obxectivo de facilitar o uso da senda e contribuír á posta en valor das antigas baterías militares de Ferrolterra.

Lea también

El Básquet Aurum Ferrol deja huella en Finlandia tras competir en el prestigioso Torneo OTB de Savonlinna

El Básquet Aurum Ferrol ha regresado de Finlandia tras completar una destacada participación en el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *