Inicio en Valdoviño dos cursos dixitalización para persoas maiores

Vinte veciños iniciaron os cursos de dixitalización organizados polo Concello de Valdoviño. Os máis madrugadores facíano sobre as 9:30 horas no local social de Aviño, e xa ás 11:15 horas comezaba a acción formativa no centro sociocomunitario de Valdoviño.

As sesións, con periodicidade semanal ata finais de xullo, serán eminentemente prácticas, e centraranse en contidos moi útiles como as funcionalidades do teléfono móbil, as operacións a través do caixeiro automático e as xestións a través da App do Sergas.

Lea también

Éxito del operativo para garantizar la seguridad de las decenas miles de visitantes que eligieron Valdoviño para ver el eclipse

A pesar de que millares de personas acudieron a las playas y al conjunto de …