Mikel Erentxun inaugura nas Pontes as Festas do Carme e da Fraga

As Festas do Carme e da Fraga 2026 arrancarán por todo o alto coa actuación de Mikel Erentxun, que traerá a súa xira conmemorativa dos 40 anos de Duncan Dhu ao escenario da Rúa 8 de Marzo o vindeiro venres 17 de xullo, ás 22.00 horas, nun concerto de entrada gratuíta.

Foto Promo @jokin Fernández

Será unha noite moi especial na que o público poderá revivir os grandes éxitos dunha das bandas máis importantes da historia do pop español. Nunha xira única, Mikel Erentxun fai unha pausa na súa carreira en solitario para render homenaxe ao legado de Duncan Dhu, coincidindo co corenta aniversario do seu debut discográfico.

Acompañado pola súa banda —Rubén Caballero (guitarra), Mikel Azpiroz (teclados), Fernando Neira (baixo) e Igor Telletxea (batería)— ofrecerá un espectáculo no que non faltarán himnos como «Cien gaviotas», «En algún lugar», «Jardín de rosas» ou «Una calle de París», ademais doutros temas imprescindibles que marcaron a varias xeracións.

O repertorio percorrerá toda a traxectoria de Duncan Dhu, desde Por tierras escocesas ata El duelo, nun concerto pensado para emocionar tanto aos seguidores de sempre como ás novas xeracións que descubriron a música da banda co paso do tempo.

A actuación converterase nun dos grandes momentos das festas e dará o pistoletazo de saída a varios días de celebración.

Lea también

O ‘Tríatlon Lago das Pontes’ do 28 de xuño se incorpora por primeira vez ao calendario galego de tríatlon

O Concello das Pontes acolleu onte venres, no salón de plenos, a presentación oficial do …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *