O alcalde de As Pontes destaca que o Goberno mantén a súa aposta por SAIC en Ferrolterra

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso valorou positivamente as declaracións realizadas polo ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, nas que defendeu a instalación da planta de SAIC en Ferrolterra e trasladou “unha mensaxe de tranquilidade ao asegurar que o proxecto poderá desenvolverse garantindo plenamente a seguridade nacional”.

Formoso destacou que o Goberno de España tivo un papel importante, en coordinación coa Xunta de Galicia, para avanzar nun proxecto industrial estratéxico para Ferrolterra e  relevante tamén para As Pontes, municipio que albergará parte das instalacións vinculadas á futura factoría.

“É importante que o Goberno deixe claro que mantén a súa aposta por esta inversión e que compatibilizara o desenvolvemento do proxecto con todas as garantías en materia de seguridade nacional”, afirmou

O alcalde pontés considera que as palabras de Óscar López “despexan dúbidas e trasladan confianza” sobre a continuidade dunha inversión importante na creación de emprego, na reindustrialización e no futuro económico de Ferrolterra

Lea también

O BNG presenta 16 emendas aos Orzamentos da Xunta «para impulsar os investimentos que Cabanas necesita»

O BNG de Cabanas presenta un paquete de 16 emendas aos Orzamentos da Xunta de …