O Centro de Interpretación de Caldoval inicia a programación estival

O Centro de Interpretación de Caldoval informa do inicio da programación de verán o vindeiro sábado 4 de xullo cun obradoiro sobre arquitectura romana no que os participantes poderán facer unha maqueta do balneum de Caldoval co seu hipocausto e a súa piscina, elementos característicos dos baños da Antiga Roma, tras descubrir os segredos construtivos do xacemento. As inscricións se atopan abertas.
 
 
Este obradoiro de perfil familiar, destinado a crianzas de 6 a 12 anos, será o sábado 4 de xullo en dúas quendas: ás 11:30 e ás 17:30 horas cunha duración aproximada de 45 minutos. É de balde e tan só hai que reservar praza no correo info@museocaldoval.gal ou por teléfono no 687072116
 
No seguinte link pódese consultar á programación completa:  https://museocaldoval.gal/wp-content/uploads/2026/06/Programaci%C3%B3n-de-Ver%C3%A1n-2026.pdf 
 

Lea también

O Jazz de Ría trae a Narón a homenaxe a Miles Davis polo centenario do trompetista estadounidense

O venres 14 de agosto o Pazo da Cultura acolle o concerto de Ensemble 100xMILES, …