O goberno central vén de convocar unha nova edición do programa Turismo para maiores do IMSERSO, e dende o departamento municipal de Servizos Sociais ofrécese axuda aos maiores á hora de tramitar a súa solicitude. Iso si, é preciso solicitar cita previa chamando ao 981 48 70 41 ext.5 ou enviando un correo a servizos.sociais@concellodevaldovino.com. O prazo ábrese hoxe e concluirá o 10 de xullo.
Hai convocadas 879.213 prazas en quendas cunha duración dende 4 días (3 pernoitas) ata 10 días (9 pernoitas) a realizar entre o mes de outubro e o de xuño de 2027. O programa está dirixido a persoas pensionistas, que poderán ir acompañadas polos seus cónxuxes, parellas de feito ou persoas coas que se constitúa unha unión estable e de convivencia. Tamén dos fillo con discapacidade en grao igual ou superior ao 45%.
Entre as modalidades da viaxe están o Turismo de Escapada (circuítos culturais, turismo de natureza, viaxes a capitais de provincia ou ás cidades de Ceuta e Melilla); estanciasna zona costeira peninsular (Andalucía, Murcia, Valencia e Cataluña), e na zona costeira insular (Canarias e Baleares).
Os prezos varían en función do destino e a duración da viaxe, e oscilan por persoa entre os 224,63€ e os 564,72€.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
