A Escola Municipal de Teatro de Neda recibe felicitacións polos seus recentes premios

O alcalde de Neda, Ángel Álvariño, e as concelleiras de Cultura, Educación, e Sanidade, achegábanse ao ensaio na Casa da Cultura da escola municipal de teatro xuvenil para felicitar e agasallar ao elenco e ao equipo técnico da obra polos premios acadados no XXVII Certame de teatro escolar e afeccionado da Deputación da Coruña.

Fuente Concello de Neda

 

Coa súa versión do clásico de Antoine de Saint-Exupery, o grupo arrasou na gala celebrada hai sete días no Teatro Colón, volvendo a casa cos galardóns á mellor actriz (Sara Carneiro Primoy), á mellor dirección (Marián Rei) e á mellor obra na categoría cadete, ademais de dúas nominacións polas interpretacións de reparto.

No encontro, ademais de entregarlles un detalle, o rexedor municipal subliñou o talento do grupo e agradeceu, en nome de toda a veciñanza, o traballo incansable por dar o mellor de si e por superarse, ano tras ano.

Fuente Concello de Neda

Un recoñecemento que o alcalde fixo extensivo ás actrices do grupo infantil, que obtivo no concurso provincial o terceiro premio á mellor obra infantil con “O misterioso Camiño Inglés desde Neda”.  “O Principiño” volve representarse este sábado no IES Rosalía Mera, organizador do certame.

Lea también

El parque de la playa de A Frouxeira en Valdoviño acoge el espectáculo circense “Tavole”

Las actividades culturales organizadas por el Ayuntamiento de Valdoviño durante el verano continúan al aire …