O parque do Principiño en Neda acolle o espectáculo “Sherezade, Aladino e os tres beduínos”

O Concello de Neda programa este mércores o segundo espectáculo ao aire libre do programa municipal “Miúdo verán. Cultura en familia”.

Tras a boa acollida do concerto de Paco Nogueiras, chega á vila Teatro Ghazafelhos con “Sherezade, Aladino e os tres beduínos”, obra de rúa coa que a compañía celebrou o seu vinte aniversario.

O carromato tradicional de tres contadores de historias de Persia recalará no Parque do Principiño, a partir das 20:30 horas, para evocar as aventuras aventuras de Sherezade e as súas mil e unha noites… e recrear os momentos máis máxicos dos relatos árabes máis coñecidos como Aladino e a lámpada marabillosa ou Alí Babá e os corenta ladróns.

Como é habitual, nesta nova peza de Ghazafelhos (Montse Piñón, Pepablo Patinho, e Jorge Casas), que aposta pola técnica do clown, non faltará o bo humor e a participación activa dos nenos e nenas que se acheguen a desfrutar do espectáculo, que é totalmente de balde.

O ciclo Miúdo verán é froito da colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia, a través de Agadic, que aporta o 45 % do financiamento a través do programa Cultura no Camiño, co que busca contribuír a dinamizar as rutas xacobeas durante o verán.

Lea también

El XI Chanfaina Lab cierra un fin de semana de rodajes con el ‘objetivo’ en los estrenos de febrero

Durante el fin de semana los cineastas recorrieron el territorio para rodar sus piezas, mientras los …