O Plan de Formación Municipal de Narón oferta un curso de caixa e reposición con 100 horas de prácticas en empresas

Curso reposicion, caixa naron

O Concello de Narón pon en marcha unha nova acción formativa dentro do seu Plan de Formación Municipal: o curso de Reposición, Caixa e Atención en Seccións de Supermercados, dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos empadroadas no municipio. A inscrición abre este martes, 19 de maio, ás 8:30 horas.

A concelleira de Formación, Natalia Hermida, deu a coñecer o contido desta formación, que forma parte da “aposta municipal para dar novas posilidades de inserción laboral ás persoas desempregadas”. Con 200 horas lectivas máis 15 de módulos transversais,o curso combina formación teórico-práctica no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, con 100 horas de prácticas profesionais non laborais en empresas do sector.

O programa abrangue materias como organización e reposición de produtos, procedementos de cobro e pago, loxística e técnicas de venda, comunicación e atención á clientela, e prevención de riscos laborais. Inclúe ademais módulos de perspectiva de xénero, orientación laboral, emprendemento, sensibilización medioambiental e TIC aplicadas á profesión.

A formación está prevista para o período comprendido entre o 1 de xuño e o 3 de agosto de 2026. As clases no centro desenvolveranse de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, ata o 6 de xullo; a partir do 7 de xullo iniciaranse as prácticas nas empresas colaboradoras, cunha xornada de cinco horas diarias en horario a determinar.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto desde o 19 de maio ás 8:30 horas ata o 25 de maio ás 13:30 horas. As instancias poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Narón —en horario de 8:30 a 13:30—, na Sede Electrónica municipal ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común. A selección realizarase por orde rigorosa de inscrición. Tamén se admitirán solicitudes de persoas empadroadas noutros concellos se quedasen prazas sen cubrir.

Para máis información, as persoas interesadas poden consultar a sección de Formación e Actividades Municipais da web do Concello ou contactar co Servizo Sociocomunitario no teléfono 981 33 77 00, extensión 1123.

Lea también

NUEVO PLAN ofrece un concerto especial en Narón con motivo do Día das Letras Galegas

O grupo ferrolán NUEVO PLAN ofrece un concerto especial con motivo do Día das Letras …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *