A Deputación da Coruña exhibe o potencial do Camiño en Reading (Inglaterra) ante milleiros de visitantes

A feira “Walk The Spanish Way” congregou a miles de persoas interesadas na oferta turística e cultural de Galicia e do CamiñoAntonio Leira e Bernardo Fernández participaron no evento, que reforza a proxección internacional das rutas xacobeas no Reino Unido.

Fuente Diputación de A Coruña

A Deputación da Coruña celebrou esta pasada fin de semana en Reading (Inglaterra) o evento “Walk the Spanish Way – Primavera no Camiño”, unha acción de promoción internacional do Camiño Inglés e do Camiño Fisterra-Muxía que reuniu a miles de persoas ao longo da xornada.

Fuente Diputación de A Coruña

A feira, desenvolvida en Broad Street, espertou un notable interese entre o público británico, que se achegou aos distintos espazos para coñecer de primeira man os atractivos culturais, paisaxísticos e gastronómicos de Galicia e das rutas xacobeas. A música tradicional galega, os contidos audiovisuais e o showcooking do cociñeiro galego André Arzúa contribuíron a crear unha experiencia completa arredor do Camiño.

No evento participaron o deputado provincial Antonio Leira, e o tamén deputado provincial Bernardo Fernández Piñeiro, presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, que destacaron a boa acollida da iniciativa e o interese crecente do mercado británico por estas rutas.

Fuente Diputación de A Coruña
Fuente Diputación de A Coruña

Antonio Leira subliñou que “a resposta do público en Reading confirma que o traballo de promoción que levamos anos desenvolvendo no Reino Unido está a dar resultados, cun incremento constante de peregrinos británicos no Camiño Inglés”.

Pola súa banda, Bernardo Fernández salientou “a importancia de seguir reforzando a presenza internacional dunha ruta cun forte vínculo histórico co Reino Unido e cun perfil de visitante moi interesado na cultura, a historia e a identidade do territorio”.

Estas accións desenvólvense en colaboración coa Xunta de Galicia e outras entidades, no marco da estratexia promocional do Xacobeo 2027, e teñen como obxectivo consolidar o posicionamento internacional do Camiño Inglés nun dos seus principais mercados emisores.

Nova mouteira en Southampton

A programación promocional continuou o luns coa inauguración dunha nova mouteira do Camiño Inglés na cidade de Southampton, situada no entorno da igrexa de Holyrood.

Este novo fito sinaliza o final do trazado do St James’ Way en territorio británico e a súa conexión con Galicia, reforzando o papel de Southampton como un dos principais portos históricos de saída de peregrinos cara a Santiago de Compostela e como porta de entrada internacional ao Camiño

Fuente Diputación de A Coruña

Lea también

Ares acoge este sábado 12 una jornada de degustación de productos de la ría de Ferrol

La atividad, organizada por la Cofradía de Pescadores de Ferrol, tendrá lugar de 12:00 a …