Inaugurada a peixeiría da confraría de Barallobre, en Fene

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, inaugurou o establecemento no edificio da lonxa, que lle permitirá ao pósito outras vías de comercialización dos produtos do mar.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde junto al patrón mayor de la Cofraría, Jorge López.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou este venres na inauguración da peixaría da confraría de Barallobre, situada no edificio da lonxa, un feito que consolida o compromiso da Xunta co fomento dos produtos de proximidade, mantendo a tradición mariñeira e a excelencia do noso mar.

Esta actuación, que contou co apoio económico do Goberno galego, cofinanciado nun 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (Fempa), dá continuidade ao proceso de modernización impulsado polo pósito no ano 2008 coa venda directa de marisco con marca propia desde o seu centro de depuración e lonxa.

A nova peixaría enmárcase no apoio continuo da Consellería do Mar aos pósitos no intento de reforzar a relación entre o produtor e o consumidor final, así como afondar na valorización dos produtos, favorecendo a súa exposición cara o exterior mediante a instalación dun acuario de grandes dimensións, que contribuirá a reforzar o atractivo comercial e divulgativo deste espazo. «Esta peixaría supón un salto cualitativo importante para a entidade xa que permite achegar produtos desta lonxa ao consumidor final”, subliñou Villaverde.

A apertura deste espazo de venda ao público enmárcase nun proxecto máis amplo que permitiu acometer outras melloras estruturais e operativas no conxunto das instalacións da lonxa. Neste contexto de reforma integral, a conselleira destacou que a iniciativa representa un paso importante na modernización das infraestruturas pesqueiras e no aumento da competitividade do sector, pois “apostar por lonxas modernas, seguras e eficientes é apostar polo futuro da pesca galega e pola posta en valor do peixe e do marisco que saen das nosas rías”.

Lea también

El Parlamento gallego aprueba una iniciativa del BNG para pedir recuperar la construcción naval civil en Navantia

La Comisión 6ª de Industria, Energía, Comercio y Turismo del Parlamento de Galicia ha aprobado …