O alcalde, Alberto González, acompañado dos concelleiros de Obras, Alejandro García, e Servizos, Benito Vega, «inauguraba» a II edición do Pasea e Tapea por Valdoviño.
Un proxecto de promoción do sector hostaleiro ligado ao turismo. Acudían a dúas das novas incorporacións neste 2026: o Garaxe en Valdoviño, que concorre coa súa tapa «Delicias de chocos», e ao restaurante O Castro en Pantín, que presenta a súa canastilla crocante de roupa vella.
Precisamente Pantín é tamén unha das parroquias, xunto a Vilarrube, que se suma tamén este ano a concurso, alcanzando practicamente o 100% do territorio. Alcalde e edís completaban a ruta do venres nun clásico do certame, o café bar Porta do Sol, no que degustaron a súa deliciosa «Tenreira ao caldeiro». O Pasea e Tapea continuará este sábado e domingo, e as dúas próximas fins de semana nos 18 locais participantes, con tapas a 2,5 euros e o sorteo de premios para a clientela.
A relación de participantes é a seguinte, segundo o horario de apertura:
VENRES E SÁBADOS DE 20:30 A 22 HORAS E SÁBADOS E DOMINGOS DE 12:30 A 14:30 HORAS
Pide&Pika: Tentación crocante
Café Bar Piruliña: Delicatessen do mar de Valdoviño
Os Dous de Sempre: ovos e zorza
Casa Marino: Niño de ovo de codorniz
Campo García: Panipuri recheo de longaniza
Las Olas by Pantín: Midnight Blues
A Cepa: Ovos encapotados con pastel de porro
O Garaxe: Delicias de chocos
Kami: Brocheta de polo doce
Teleclub Vilaboa: En Vilaboa quero quedar
VENRES E SÁBADOS DE 20:30 A 22 HORAS
A Madriña: Timbal de rabo de vaca ao viño tinto
O Castro: Canastilla crocante de roupa vella
Porta do Sol: Tenreira ao caldeiro
SÁBADOS E DOMINGOS DE 12:30 A 14:30 HORAS
A Torre do Lago: Do mar a Torre
O Bichesco: Hot dog de cocido
A Trasanquesa: Callos
Morriña: Roliño Morriña
A Taberna do Puntal: Empanada de cocido.