A Diputación da Coruña reivindica a canteira de deportistas na provincia nos IV Premios do Deporte

A campioa de Europa de hóckey sobre patíns María Sanjurjo e o campión de Europa de patinaxe artístico Lucas Yáñez, mellores deportistas feminina e masculino Iván Raña, Javier Gómez Noya e Estrella Galicia recibiron premios honoríficos. Tamén houbo galardóns para o Parrulo de Ferrol, o Club Ciclista Padronés, o Club de Piragüismo Ría de Betanzos, o Torneo Viravolta Jael ou o piloto Luís Penido.

O Teatro Colón acolleu este pasado venres a IV Gala dos Premios do Deporte da Deputación da Coruña, unha cita que reuniu a centos de deportistas, clubs e entidades de toda a provincia nun acto de recoñecemento ao traballo e os logros do noso deporte. Pola alfombra vermella do hall do Colón pasaron algunhas das caras máis coñecidas do deporte coruñés, xunto a deportistas de renome, clubs históricos, novas promesas, veteranos, adestradores, e representantes de entidades que sosteñen o día a día da actividade deportiva nos concellos.

A campioa de Europa de hóckey sobre patíns María Sanjurjo e o campión de Europa de patinaxe artístico Lucas Yáñez foron distinguidos como mellores deportistas feminina e masculino, liderando un palmarés de premios que reflicte o gran momento do deporte coruñés en disciplinas moi diversas.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou durante a gala o bo momento que vive o deporte da provincia e o valor do esforzo e a constancia dos deportistas. «Detrás de cada un dos logros que celebramos esta noite hai anos de dedicación, constancia e moitas horas de traballo. Iso tamén queremos recoñecelo hoxe», sinalou. Formoso puxo ademais o acento no papel fundamental das familias e dos clubs de base, «que están sempre detrás, apoiando, acompañando e facendo posible moitos dos éxitos que hoxe celebramos».

Formoso subliñou tamén a importancia de seguir fortalecendo o deporte en toda a provincia, especialmente nas primeiras etapas, lembrando que moitos dos referentes actuais iniciaron o seu camiño grazas ás bolsas e aos programas de promoción e apoio ao deporte da institución provincial.

Pola súa banda, o deputado de Deportes, Antonio Leira, subliñou o papel do deporte máis alá da competición. «O deporte forma persoas e transmite valores que van moito máis alá dos resultados», afirmou, ao tempo que recoñeceu o labor diario de clubs, adestradores e familias que sosteñen o deporte de base na provincia.

Un ano de éxitos en todas as categorías

Madre de María Sanjurjo recoge premio

No apartado de mellores deportistas, María Sanjurjo foi recoñecida tras unha tempada na que se proclamou campioa de Europa coa selección española de hóckey a patíns, sendo decisiva en momentos clave do campionato. Lucas Yáñez recibiu o premio masculino despois de acadar o título de campión de Europa sénior de patinaxe artística, confirmando a súa progresión e situándose entre a elite internacional desta disciplina deportiva.

Lucas Yáñez

Nos premios a deportistas veteranos, a deportista do Club del Mar San Amaro María del Mar Terceiro destacou polo seu dominio na natación máster, con títulos autonómicos e estatais e presenza en competicións internacionais. Na categoría maculina de deportistas veteranos, Amador Pena Torreiro foi premiado pola súa traxectoria exemplar ao máis alto nivel no atletismo, con medallas europeas, títulos nacionais e récords galegos.

Maria del Mar Terceiro
Amador Pena Torreiro

Con varias plusmarcas autonómicas no seu palmarés, medallista europeo no 4×400 e campión galego absoluto de trail. Pena supera as 200 vitorias en carreiras populares e encadeou oito triunfos no Circuíto da Deputación, combinando rendemento deportivo coa promoción activa do atletismo como adestrador e referente de valores.

Aitana Capeans
Hugo Zuluaga

Entre as novas promesas, a atleta de A Baña Aitana Capeáns Rey foi recoñecida como mellor deportista feminina en categoría base tras proclamarse campioa de España sub 18 en lanzamento de peso en 2025. Aitana, unha das grandes promesas do atletismo español, acadou tamén o título nacional sub 16 en 2024 e arrasou nos campionatos galegos.

O atleta sadense Hugo Zuluaga Lamazares recibiu o galardón de deportista promesa masculino despois dunha tempada brillante na categoría sub 16, que culminou co Campionato de España nos 600 metros celebrado en Xixón o pasado xullo.

María Jose Pose Santos- deporte adaptado

Na categoría de deporte adaptado, María José Pose Santos foi premiada pola súa evolución no paraciclismo. En 2022 achegouse a ENKI para facer algo de actividade física e deporte e en 2025 acabou proclamándose gañadora da Copa de España de Paraciclismo, campioa galega de WH3 e foi convocada coa selección galega para o campionato de España.

Representante de Jacobo Garrido Brun

Nesta mesma categoría de deporte adapatado, o nadador coruñés Jacobo Garrido Brun foi distinguido como mellor deportista masculino tras acadar unha medalla de prata en 400 metros no Mundial de Singapur, ademáis de establecer un novo récord de España nesta distancia. Garrido Brun é hoxe un dos mellores nadadores desta categoría a nivel mundial e o seu esforzo, perseverancia e nivel competitivo representan un exemplo dentro do deporte.

Xan Xose Suarez- mellor adestrador

O premio a mellor adestrador foi para Xan Xosé Suárez, referente do triatlón galego con máis de 20 anos de traxectoria ás súas costas, que conseguiu situar á vila de Cedeira como un referente en duatlón e triatlón a nivel galego e estatal. Xan foi seleccionado como un dos técnicos para o mundial de Australia e forma parte da selección española para 2026 en diferentes citas continentais.

Adrian Maceiras

Adrián Maceiras foi recoñecido como mellor árbitro pola súa consolidada traxectoria internacional no taekwondo. Foi un dos cen xuíces de todo o mundo que participaron no esixente proceso de selección arbitral para os Xogos Olímpicos de Los Ángeles 2028.

O papel clave das entidades e do deporte de base

CINFO

Nos Premios do Deporte da Deputación tamén se recoñeceu o traballo das entidades patrocinadoras do día a día do deporte na provincia. Cinfo foi distinguida como mellor entidade colaboradora polo seu proxecto audiovisual tiivii.tv, unha plataforma dixital gratuíta que recompila nun único espazo información audiovisual do deporte galego e que xa dá cobertura a decenas de clubs e competicións de fútbol, baloncesto, balonmán ou hockey coa instalación de cámaras en 65 recintos deportivos.

Viravolta

Xacobeo de Ximnasia Rítmica Viravolta Jael foi premiado como mellor evento deportivo pola súa capacidade de convocatoria: reuniu en Santiago a 800 ximnastas, entre elas algunhas das mellores do mundo, e a máis de 2.000 espectadores convertindo o Fontes do Sar nun gran escaparate mundial deste deporte. Pola súa banda, o Club de Piragüismo Ría de Betanzos foi recoñecido polo seu labor na promoción do deporte de base durante máis de 40 anos.

Un paso máis
Empujando Sonrisas

No ámbito do deporte inclusivo, o xurado premiou, ex aequo, ás entidades Un paso máis e Empujando Sonrisas polo seu traballo na integración de persoas con diversidade funcional a través do deporte.

Hermano de Jose María Valeiro Iglesias

O premio a toda unha vida dedicada ao deporte foi para José María Valeiro Iglesias, falecido en 2024. Valeiro foi unha figura clave no desenvolvemento do Club Santo Domingo e do baloncesto en Betanzos, onde deixou unha pegada profunda ao longo de décadas de traballo. O galardón foi recollido polo seu irmán nun dos momentos máis emotivos da gala.

Mencións especiais a fitos e traxectorias destacadas

O Parrulo Ferrol
Ale de paz

O xurado concedeu tamén varias mencións especiais para recoñecer logros e traxectorias destacadas. Entre elas, o ascenso do Parrulo CF de Ferrol á Primeira División do fútbol sala español, o papel de Ale de Paz e Martita López-Pardo no éxito internacional da selección española de fútbol sala feminino, a longa e exitosa traxectoria deportiva do Club Ciclista Padrónes, con sete décadas de historia como referente na formación de ciclistas e a organización de probas como a Clásica de Pascua, e os éxitos do piloto compostelán Luis Penido no Campionato de Europa de montaña.

Club ciclista Padronés
Luis Penid

Recoñecemento a tres referentes do deporte

Na gala entregáronse tamén premios honoríficos, que nesta edición puxeron o foco en tres nomes propios.

O ferrolán Javier Gómez Noya, un dos mellores triatletas da historia, cun amplo palmarés internacional e varias participacións olímpicas, foi distinguido pola súa traxectoria e polo seu papel como referente do deporte galego.

Ivan Raña

Tamén foi recoñecido Iván Raña, pioneiro do triatlón en España e primeiro campión do mundo desta disciplina para o país, figura clave para entender o desenvolvemento deste deporte nas últimas décadas.

Xunto a eles, Estrella Galicia recibiu o premio polo seu apoio continuado ao deporte, tanto profesional como de base, a través do patrocinio de equipos, eventos e iniciativas que contribúen ao crecemento do deporte galego.

Estrella Galicia- director de relaciones institucionales

Lea también

Un paso más, el objetivo del Baxi Ferrol en su visita de este domingo al IDK Euskotren

Tras una semana de descanso, vuelve la Liga Femenina Endesa para el Baxi Ferrol, empezando …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *