O xurado do IV Premio ‘Xoán Vicente Viqueira’ reúnese na Deputación para avaliar as candidaturas presentadas

O xurado reunido esta semana dará a coñecer o fallo nun acto público previsto para o vindeiro mes de abril.

A Deputación da Coruña acolleu a reunión do xurado da cuarta edición do Premio ‘Xoán Vicente Viqueira’ de investigación en ciencias sociais, humanidades, sustentabilidade e innovación, un encontro no que se iniciou o proceso de avaliación das candidaturas presentadas ao certame.

O xurado, integrado por persoas de recoñecido prestixio académico e profesional, será o encargado de valorar as propostas nas tres modalidades do premio: traxectoria investigadora, innovación científica e investigación nova.

A reunión estivo presidida pola deputada de Educación e Xuventude, Yoya Neira Fernández, e contou coa participación de Ricardo García Mira, catedrático de Psicoloxía Social da Universidade da Coruña e presidente do Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial “Xoán Vicente Viqueira”; Cristina García Fontán, doutora en Arquitectura pola Universidade da Coruña e Premio COAG de Arquitecturas Efémeras; Manuela Lorenzo Rodríguez, xefa do servizo de Acción Social, Educación, Deportes e Mocidade da Deputación da Coruña; Jesús Fernando Salgado Velo, catedrático de Psicoloxía do Traballo e Recursos Humanos da Universidade de Santiago de Compostela e Premio Nacional de Psicoloxía “José Luis Pinillos”; Ascensión Cambrón Infante, doutora en Filosofía e profesora de Filosofía do Dereito, Moral e Política da Universidade da Coruña; e Sonia García Vázquez, doutora en Dereito e profesora de Dereito Político e Constitucional da Universidade da Coruña.

Durante a sesión, o xurado abordou a análise das candidaturas recibidas, destacando o alto nivel e diversidade das propostas presentadas nesta edición, que abranguen diferentes ámbitos das ciencias sociais, as humanidades e a innovación social.

O fallo do xurado darase a coñecer nun acto público que terá lugar o vindeiro mes de abril, no que se anunciarán as persoas e entidades gañadoras das tres categorías do premio.

Este galardón, impulsado pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Bergondo e o Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial “Xoán Vicente Viqueira”, ten como obxectivo recoñecer e visibilizar o traballo investigador e innovador que contribúe ao avance do coñecemento e ao desenvolvemento social.

Lea también

El aula hospitalaria del CHUF acogió el ciclo «cinema sorrisos» con cortometrajes del Festival de Cans

El aula hospitalaria del Complejo Hospitalario Universitario de Ferrol acogió en la mañana de este …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *