Centos de persoas celebran a tradición ecuestre na XXXII edición da Feira do Cabalo de Cerdido

O popular concurso de andadura galega celebra a súa trixésimo segunda edición conxugando gastronomía e exhibicións desde as 12:00 horas con diversos premios para as distintas categorías.

Archivo.-2025

O Concello de Cerdido converterase no epicentro da tradición ecuestre o próximo 5 de abril coa celebración da 32ª edición da súa emblemática Feira do Cabalo. Esta xornada, que conxuga o deporte coa gastronomía local, arrancará ás 12:00 horas coa competición na categoría de Chapeada -1,5, na que se disputará o Trofeo Casa Viuda da Barqueira con premios para os tres primeiros clasificados.

Tras unha pausa para o xantar, a actividade retomarase a partir das 15:30 horas cun intenso programa de competicións que inclúe as categorías de Serrada -1,5, Serrada +1,5 e Chapeada +1,5. Os participantes nestas modalidades optarán aos trofeos patrocinados por recoñecidos establecementos colaboradores como Casa Ignacio, Rincón de Tania e Mesón Froallo. Como incentivo engadido, o gañador de cada unha das categorías recibirá tamén un saco de penso de agasallo.

O Concello de Cerdido tamén fará entrega de distincións especiais a través do Trofeo Concello de Cerdido, que recoñecerá ao mellor poldro de menos de dous anos, así como á amazona ou cabaleiro máis novo e ao de maior idade, poñendo en valor o relevo xeracional desta afección no municipio.

A oferta da feira completarase cunha destacada proposta gastronómica que contará con postos de polbo e churrasco, para os cales a organización recomenda realizar reserva previa a través do teléfono 646 057 173.

As persoas que desexen inscribirse nas probas poderán facelo enviando un correo electrónico a cerdidofeirado6@gmail.com ou de xeito presencial na propia feira ata as 12:00 horas. Dende a organización lémbrase que é obrigatorio o uso de casco e contar co seguro pertinente, subliñando que a decisión dos xuíces será en todo momento inapelable. Esta cita conta coa colaboración fundamental da Cooperativa da Barqueira e o apoio do Xeoparque Cabo Ortegal.

O alcalde de Cerdido, Alberto Rey, convida á veciñanza e aos visitantes a asistir a “un evento único e fondamente arraigado na localidade, que contribúa a dinamizar e preservar a nosa cultura”. O rexedor tamén agradeceu “a colaboración de todos os locais e entidades que co seu esforzo aseguraron a celebración desta nova edición da Feira do Cabalo”.

Lea también

‘Cinema Paradiso’ inaugura el II ciclo de cine para personas mayores de Ferrol

El centro cultural Carvalho Calero volverá a ser el escenario para la segunda edición del …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *