Regueira inaugura a xornada ‘Erros x Aprendizaxes’ sobre aprendizaxe empresarial no ámbito dixital

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira Varela, participou na inauguración na Coruña do encontro profesional ‘Erros x Aprendizaxes’, que se celebra en Palexco e no que empresas galegas e españolas do ámbito dixital comparten experiencias sobre os erros cometidos nos seus procesos de crecemento e as aprendizaxes que lles permitiron avanzar.

Durante a apertura da xornada, Regueira destacou o valor de espazos que apostan por unha visión honesta do emprendemento e que rompen coa idea dun éxito empresarial sen dificultades. O vicepresidente sinalou que encontros coma este permiten «desmitificar o éxito e pór sobre a mesa a verdade crúa das campañas fracasadas», incidindo en que moitas veces os erros «non son fracasos, senón unha sorte de profesores caros».

Neste sentido, subliñou que a diferenza entre abandonar ou avanzar está na capacidade de aprender deses golpes e seguir adiante. «É o que diferencia a quen abandona de quen aproveita eses erros para aprender máis rápido, con menos drama e sen vergoña», afirmou.

Regueira tamén valorou o carácter colaborativo do encontro, que anima ás empresas a compartir tanto os fallos como os acertos. Segundo explicou, esta dinámica permite «deixar a fachada nas redes e compartir tamén os pantallazos feos», lembrando que detrás de cada proxecto empresarial que consegue consolidarse adoita haber momentos difíciles que forman parte do proceso.

O vicepresidente salientou ademais que a xornada serve para socializar experiencias e coñecementos entre profesionais do sector dixital, compartindo tamén os éxitos e as fórmulas que os fixeron posíbeis, aínda que advertiu de que «o que funcionou unha vez, poida que non volva funcionar xamais».

Con todo, destacou que encontros como ‘Erros x Aprendizaxes’ contribúen a fortalecer o ecosistema empresarial a través do intercambio de experiencias. «Trátase de compartir e enriquecernos coas experiencias de todas e de todos», concluíu.

O encontro

‘Erros x Aprendizaxes’ reuniu  no Palexco responsábeis de marcas de referencia que explicarán, en primeira persoa, como transformaron erros en oportunidades de mellora e innovación. Son a marca de moda feminina Par & Escala; a empresa de distribución de xeo Yo pongo el hielo; a xoiaría Rígido; a cadea hoteleira Alda Hotels; a firma creativa Heimat Atlántica; Joyerías Calvo; a tenda de streetwear e sneakers Cultura Urbana; a compañía tecnolóxica Dinahosting; a axencia de marketing dixital Smartclick; e o bufete Pintos & Salgado

Lea también

Arrancan los exámenes para Policía Local en Silleda el 28 de septiembre con más de 800 aspirantes

La convocatoria cuenta con 105 plazas distribuidas en 31 ayuntamientos de Galicia. Más de 800 …