Unha unidade móbil para a doazón de sangue visita Narón

 

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) despraza unha unidade móbil á cidade de Narón este xoves 12 de marzo. O vehículo permanecerá operativo ao carón do centro de saúde, en horario de 15:30 a 21:00 horas.

Dende ADOS lembran a importancia de manter hábitos axeitados antes de doar sangue. Así, recoméndase que as persoas que acudan pola mañá tomen o seu almorzo con normalidade, e que aquelas que o fagan pola tarde agarden dúas horas despois do xantar.

As persoas doantes deberán acreditarse coa tarxeta de doante, o DNI ou outro documento oficial de identificación, e informar ao persoal médico no caso de estar a seguir algún tratamento farmacolóxico. O sangue non se pode fabricar e só é posible obtelo coa doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a saúde.

Grazas ás persoas que doan sangue, cada ano pódese axudar a preto de 31.000 persoas enfermas nos hospitais galegos. ADOS anima a buscar 15 minutos para doar sangue e salvar vidas.

Para máis información pódese contactar co teléfono gratuíto 900 100 828, visitar a web ados.sergas.gal ou as redes sociais de ADOS.

Lea también

Narón pon en marcha tres iniciativas de reforzo educativo

As tres propostas, impulsadas polo Servizo Sociocomunitario Municipal, buscan fortalecer as competencias educativas e o …