Este venres, o Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, participa en «Conversas no Parador», en Ferrol

O vindeiro venres 27 de febreiro, ás 10:30 horas terá lugar no Parador de Turismo de Ferrol unha nova edición de “Conversas no Parador” coa participación de Juan Manuel Vieites, Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia.

Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa é doutor en C.C.Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Acumula máis de 40 anos de experiencia no sector de conservación de produtos da pesca e da acuicultura.

Entre os cargos máis destacables que desempeñou, figuran o de presidente da Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia (ATIGA), presidente de EUROTHON – organización europea que agrupa a toda a industria atuneira comunitaria a nivel tanto de frota como de transformación -, e membro do Consello de Administración da Asociación de Industrias da Pesca da UE (AIPCE), entre outros. Tras 31 anos como secretario xeral da patronal do sector da conserva ANFACO-CECOPESCA e como un dos interlocutores históricos do sector pesqueiro español, Juan Manuel Vieites deixa o cargo no mes de maio de 2020.

En xaneiro de 2021 foi elixido presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), cargo que ostenta na actualidade, tras a súa reelección en febreiro 2025. Nesta etapa, combina a presidencia da CEG cunha activa participación en diversos consellos asesores de ámbito económico, industrial e empresarial, achegando a súa ampla experiencia na definición de estratexias e políticas de desenvolvemento.

Pertence ao grupo de investigación de referencia competitiva da UDC_GRINCAR, no marco do cal cofundou o Laboratorio de Investigación Cualitativa en Ciencias da Saúde (LICcs) que coordina na actualidade, e céntrase no eido da investigación cualitativa dos problemas de saúde complexos e das  vulnerabilidades e iniquidades que condicionan o proceso de saúde-enfermidade-atención, tendo especial interese na saúde das mulleres como construción social desigual.

Todo isto mentres vai levando a cabo unha profunda actividade cara a potenciar a imaxe e unidade do empresariado galego, impulsar a dixitalización e as enerxías renovables, e entre outras cousas reforzar os proxectos da Euro-rexión, Galicia-Norte de Portugal, nunha intensa relación con Europa e as estratexias de innovación. Os froitos da mesma podémolo apreciar nas novas de prensa que, neste mes de febreiro, nos informaban de que as Patronais de Asturias, Galicia e León reforzan a súa fronte común polo Corredor Atlántico e anuncian que, as reunións para tratar o tema, vanse manter en Madrid con a CEOE e en Bruxelas no vindeiro mes de xuño, onde serán recibidas polo coordinador do Corredor Atlántico europeo , Francois Bausch.

Lea también

Las unidades móviles de donación de sangre recorrerán cerca de 40 ayuntamientos gallegos estos carnavales

Advierten de la necesidad de donantes de grupos sanguíneos A Positivo, A Negativo, Cero Positivo, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *