Os produtos quilómetro cero da provincia acaparan a atención e a aprobación en Madrid Fusión

A diversidade gastronómica do territorio está presente, por cuarto ano consecutivo, nunha das principais feiras do sector. A Deputación da Coruña reafirma con esta participación a aposta polo enoturismo como valor competitivo.

Os Biosbardos Madrid Fusión Diputación da Coruña

A Deputación da Coruña continúa a súa presenza en Madrid Fusión 2026, cunha variada programación no posto ‘A paisaxe que sabe’. Os grandes protagonistas, na segunda xornada do evento, seguiron sendo os produtos quilómetro cero da provincia: galletas, queixos, mexillón, podutos da horta, viños, conservas e moito máis. «Alimentos de proximidade, da nosa terra e do noso mar e de primeira calidade», destaca o vicepresidente da institución, Xosé Regueira.

O tamén deputado de Promoción Económica subliña a importancia da enogastronomía como principal produto turístico da provincia, que atopa en escaparates como Madrid Fusión unha vía de situarse no mercado internacional.

Igual ca na xornada inaugural, a resposta do público está a ser «excelente», incide o vicepresidente, ao tempo que destaca a presenza no posto da Deputación dun amplo abano de produtos que abranguen «practicamente todo o territorio da provincia».

Óscar Ramil Madrid Fusión Diputación da Coruña

A xornada abriu a segunda xornada coa presentación das Gallegas de Nata da Coruña e continuou coa degustación de produtos da horta ecolóxica dos Biosbardos (Cambre). A seguir, Óscar Ramil, xerente do Consello Regulador da DOP Arzúa-Ulloa relizou un relatorio e cata vertical de queixos.

Balarés Madrid Fusión Diputación da Coruña
Balarés Madrid Fusión Diputación da Coruña

Continuaron as demostracións gastronómicas Silvia Facal e Rafa Varela, do restaurante Balarés (Ponteceso), que presentaron un mexillón do Barbanza en escabeche caseiro e unha pescada de baixura con emulsión de allada galega e chícharo bágoa.

Por segundo día consecutivo puxo a nota enolóxica Alejandro Paadín, catador e formador, que disertou sobre os viños das IXP Terras do Barbanza e Iria, así como os viños da indicación xeográfica protexida de Betanzos.

Á tarde voltaron as demostracións coa Conserveira e a súa presentación e degustación de ventresca de bonito do norte en manteiga da queixaría Galmesán; novo relatorio e cata de Alejandro Paadín, desta vez centrada nos viños do proxecto de enoturismo María Manuela (Boqueixón); outra sesión da demostración gastronómica de Balarés; e o peche con presentación e degustación de produtos da marca santiaguesa Chichalovers.

Para a terceira e derradeira xornada, o prato principal será o showcooking da chef estrela michelin Lucía Freitas (Santiago de Compostela). A responsábel do restaurante A Tafona elaborará en dúas sesións diferentes —ás 14 e ás 16 horas— cabaza asada dos Biosbardos con pesto de Galmesan emulsionado; mexillón tigre da Conserveira; e guiso de navalla da Conserveira con salsa verde de algas.

Completan o programa outros participantes das primeiras sesións, como A Conserveira (A Pobra do Caramiñal), La Despensa D’Lujo (Coristanco) e Alejandro Paadín.

Lea también

A Deputación da Coruña convoca o XVII Premio Rosalía de Castro de Lingua

O premio Rosalía de Castro de lingua, convocado pola área de Normalización Lingüística da Deputación …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *