A compañía Noite Bohemia pon en escena en Neda “Bacantes”

O I Ciclo de Teatro Afeccionado Concello de Neda arrinca con forza, e este sábado 17 de xaneiro, a compañía de teatro Noite Bohemia inaugura o programa a partir das 20:00 horas. A dúas veces gañadora do Concurso Nacional de Teatro Grecolatino poñerá en escena “Bacantes” de Eurípides, a traxedia por excelencia, forxada sobre un coro grego numeroso e danza para trasladar o obsceno da morte, a tolemia dun deus e a prepotencia dun rei.

A compañía coruñesa conquistaba con esta peza o Primeiro Premio Nacional de Teatro Grecolatino, que concede o Ministerio de Educación, e un dos máis prestixiosos do país no ámbito da cultura clásica. Chega a Neda baixo a dirección de Javier Fernández Mariño, e ten no seu elenco a Mario Rodríguez, Javier Castiñeiras, Isabel Garrido, Marta Couto, Nacho Pena e Pablo Rúa.

O público pode reservar xa as entradas, ao prezo único de 2 euros, chamando á Biblioteca Municipal (981 39 02 33) ou adquirilas o mesmo día da función, a partir das 17:00 horas.

O ciclo continuará en xaneiro coas obras “A mala estrela” de Opaí Teatro (24 de xaneiro) e “Paripé O Cabaré” de O Catre Teatro (31 de xaneiro), e en febreiro, con “O caso do cadáver asasinado” de Teatro do Asteleiro (7 de febreiro).

Lea también

Fangoria, Bombai y Yoly Saa abrirán las fiestas de verano de Ferrol con un gran concierto en la Praza de Armas

Las fiestas de verano de Ferrol 2026 arrancarán el próximo 21 de agosto con un …