«Os xoves da capela» finaliza en Ferrol co concerto de blues clásico Andhrea & The Black Cats

A banda gañou recentemente o VI Concurso da Societat de Blues de Barcelona. Presentarán o seu primeiro traballo de estudio, ‘New Roads’, composto por 10 temas que resumen a súa traxectoria desde o nacemento como banda de blues.

O ciclo de música Os xoves da capela finaliza este xoves ás 20:30 horas coa actuación da banda de blues clásico Andhrea & The Black Cats, que presentarán o seu primeiro álbum de estudio, New Roads. As entradas están á venda na web de Ataquilla e na billeteira do Jofre.

Andhrea & The Black Cats formouse en Santiago de Compostela no ano 2021 e está composta por Ramón Figueira Figui (harmónicas), Andhrea Verdú (voz), Benjamín Vázquez (guitarra), Aitor García (batería) e Manuel Martínez (tuba). Desde a súa creación veñen interpretando temas do blues máis tradicional aderezados co seu particular estilo.

Hoxe en día están a presentar a súa nova formación, coa incorporación da tuba, dotando aos seus directos dun carácter que fai recordar á vella New Orleans, sen abandonar o seu particular “blues viejuno”.

A traxectoria musical de Andhrea & The Black Cats levounos a participar en escenarios tan relevantes coa o do Festival de Blues de Benicassim (2016), o Outono Códax ou o Sweet Cotton Festival (2018), nos que o público desfrutou dos seus directos cargados de proximidade e unha atmósfera colmada de complicidade, harmonía e ritmo.

Lea también

La Sociedad Filarmónica Ferrolana ofrece el viernes, día 23, el concierto de la Real Filharmonia de Galicia

El primer concierto sinfónico de Ferrol en 2026 cubrirá la ciudad naval del espíritu musical …