O III Circuíto de Atletismo en pista da Deputación da Coruña comeza este sábado en Santiago de Compostela

A Deputación espera contar con máis de 500 participantes, superando o éxito do ano pasado.

Antonio Leira, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín

O deputado de Deportes, Antonio Leira, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, presentaron o III Circuíto de Atletismo en pista da Deputación da Coruña, que dará comezo este sábado, 15 de novembro, en Santiago de Compostela. Será a primeira das tres probas programadas, que continuarán os días 22 e 29 de novembro na Coruña.

As probas desenvolveranse en pistas homologadas nas categorías sub-10 (8 ou 9 anos), sub-12 (10 ou 11 anos) e sub-14 (12 ou 13 anos) nas modalidades de velocidade, fondo, santo de altura e lonxitude e lanzamento de peso. Todos os atletas deberán estar empadroadas na provincia e estar en posesión da licenza federativa en vigor, sen ningunha sanción na data de inscrición.

Ao remate do circuíto recibirán trofeo os tres primeiros postos de cada categoría con máis puntuación nos sectores de velocidade, fondo, saltos de lonxitude e de altura e lanzamentos. Do mesmo xeito, recibirano os tres primeiros clubs clasificados no total do circuíto.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, puxo en valor o éxito das dúas edicións anteriores e asegurou que agarda “o mesmo resultado ou mellor. Nas pasadas logramos reunir a máis de 500 deportistas, o que demostra o interese dos pequenos e pequenas nesta disciplina”. En base a isto, destacou que este circuíto é unha maneira “óptima” de “incentivar o deporte federado en categorías base, dándolle aos rapaces e rapazas a oportunidade de competir de maneira segura e en condicións de calidade. O apoio ao deporte base foi sempre un dos nosos principais obxectivos, xa que consideramos que é clave para promover un estilo de vida activo e saudable”.

Lea también

El Racing recibirá a la SD Huesca en A Malata en la segunda ronda de la Copa de SM El Rey

M.V. Este martes se celebró en el Luis Aragonés de la Ciudad Deportiva de Las …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *