A Confraría de Pescadores de Cedeira busca a futuros mariñeiros pescadores

A Confraría de Pescadores de Cedeira desenvolve actualmente un programa formativo bianual composto por 4 cursos formativos de interese para o sector pesqueiro.

Patrón Local de Pesca (250 horas) – Do 25 de setembro ao 21 de novembro. Mariñeiro Pescador (50 horas) – Do 10 de novembro ao 22 de novembro Actualización de Formación Básica en Seguridade Marítima (16 horas prácticas). Formación Básica en Seguridade Marítima (70 horas) – 2026.

O pasado 25 de setembro comezou o curso de Patrón Local de Pesca, que continúa desenvolvéndose ata o vindeiro 21 de novembro, cubrindo todas as súas prazas. O mesmo ocorre coa formación en Actualización de Formación Básica en Seguridade Marítima, para a que hai incluso lista de persoas apuntadas en reserva.

Porén, aínda quedan prazas para o Curso de Mariñeiro Pescador. A formación, desenvolverase entre os días 10 e 22 de novembro e combina 35 horas de contidos teóricos con 15 horas de prácticas, permitindo ao alumnado adquirir as competencias necesarias para exercer como tripulante subalterno en buques de pesca e auxiliares de acuicultura, así como para manexar embarcacións de menos de 10 metros de eslora con fins comerciais, cumprindo cos requisitos legais establecidos.

Durante as sesións teóricas abordaranse cuestións clave como a estrutura e funcionamento do barco pesqueiro, a normativa para previr abordaxes no mar, a práctica da pesca responsable e o manexo e conservación de produtos pesqueiros. As prácticas permitirán afianzar estes coñecementos en situacións reais e simuladas, reforzando a seguridade e as boas prácticas no traballo a bordo.

As formacións desenvolveranse, de maneira gratuíta, nas instalacións da Confraría de Pescadores de Cedeira. As persoas que queiran aproveitar esta oportunidade deberán inscribirse previamente a través do seu número de teléfono 981 48 03 89 | 608 92 63 90 ou enviando un correo electrónico na seguinte dirección: confrariacedeira@confrariacedeira.es. Pode solicitarse tamén máis información (dentro do seu horario de traballo: lun- ven, 9.30 a 14 horas e de 16 horas a 19 horas).

Este curso forma parte dun proxecto impulsado pola Confradía de Pescadores de Cedeira ao abeiro das axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), a través do GALP A Mariña – Ortegal, co obxectivo de mellorar a capacitación profesional, a empregabilidade e a sustentabilidade do sector.

Lea también

CGT denuncia el «colapso» de las plazas de ingreso en Navantia Ferrol y exige la anulación del proceso sénior

Alerta de una caída de hasta el 95% en los admitidos para puestos de Delineantes. …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *