Mugardos inicia la licitación de la renovación de los pavimentos de las calles Peteiro y Os Corzás

Os Corzás- Mugardos. Archivo

O Concello de Mugardos iniciou o procedemento de licitación para a execución das obras de renovación dos pavimentos da beirarrúa na rúa Os Corzás e Peteiro, incluídas no POS+ Adicional 2/2025, cun orzamento de 214.508,59 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de 17 semanas. Esta actuación forma parte do compromiso do goberno local por mellorar a accesibilidade e a seguridade peonil nos diferentes barrios do municipio, así como por modernizar os espazos públicos para facilitar o seu uso diario por parte dos veciños e veciñas.

O concelleiro de Obras, Servizos, Medios e TICs, Jorge Kuntz, destacou a importancia desta intervención sinalando que “as rúas Os Corzás e Peteiro necesitan unha actuación integral que garanta unhas beirarrúas en bo estado, seguras e cómodas para o tránsito peonil. Con este proxecto seguimos avanzando na mellora dos viais públicos e na renovación progresiva das infraestruturas urbanas do municipio”.

Kuntz tamén subliñou que a mellora das rúas e beirarrúas é unha prioridade dentro do plan de actuacións da área de Obras. “O noso obxectivo é actuar de maneira continua en todos os núcleos do termo municipal, priorizando aquelas zonas que presentan maiores problemas polo seu estado e accesibilidade. En Os Corzás sufriuse un afundimento da rede de sumidoiros, e en Peteiro hai desniveis insalvables para persoas con mobilidade reducida. Esta obra permitiranos actuar nestes dous puntos” apuntou.

Unha vez completado o expediente administrativo, o proxecto pasará á fase de licitación pública para seleccionar a empresa adxudicataria que levará a cabo as obras.

Lea también

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca el concurso de diseño del cartel de 2026

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia la apertura del concurso de carteles …