As deputacións da Coruña e Barcelona comparten experiencias para mellorar a cooperación coas entidades locais

Valentín González Formoso recibiu á presidenta da Deputación de Barcelona, Lluïsa Moret Sabidó. Formoso: “Compartimos o obxectivo de reforzar o papel das deputacións como aliadas dos concellos e motor de transformación social e económica nos territorios”.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu no seu despacho da institución provincial á presidenta da Deputación de Barcelona, Lluïsa Moret Sabidó.

Durante o encontro, ambos mandatarios analizaron os programas de cooperación provincial destinados a mellorar as infraestruturas, os servizos públicos e o benestar da veciñanza nos concellos, especialmente nos de menor tamaño.

Formoso destacou a importancia de compartir modelos de xestión eficaces entre dúas deputacións que compartimos unha mesma vocación de servizo público e de apoio ao municipalismo”, mentres que Moret subliñou o papel das deputacións na vertebración territorial e na mellora de infraestruturas e servizos nos concellos.

A reunión permitiu tamén afondar nas políticas de innovación, sustentabilidade e cohesión territorial que ambas institucións están a impulsar nos seus respectivos ámbitos, abrindo a porta a futuras colaboracións institucionais.

A presidenta da Deputación de Barcelona participa nestes días na Coruña no III Foro Urbano de España, un espazo de diálogo sobre o desenvolvemento urbano sostible no que se dan cita responsables institucionais, expertos e representantes de cidades e provincias de toda España.

Para Formoso, é unha satisfacción recibir na Coruña a unha presidenta comprometida co municipalismo como Lluïsa Moret, e comprobar que compartimos o mesmo obxectivo: reforzar o papel das deputacións como aliadas dos concellos e motor de transformación social económica nos territorios.

Lea también

La CIG mantiene la huelga en el metal de A Coruña ante la «tomadura de pelo» de la patronal

Asegura que, tras cinco horas de reunión, «no hay avance ninguno» en salarios, vigencia o …