Alumnado dos colexios de Neda participa nas actividades para conmemorar o Día das Biblioteca

Como é tradicional, os preto de 275 estudantes dos distintos colexios de infantil e primaria de Neda participaron durante esta semana no ciclo “Do cole á biblio”, ideado polo Concello para conmemorar a celebración do Día das bibliotecas. A iniciativa, que se desenvolveu nos últimos tres días na Casa da Cultura, incluíu tres espectáculos de animación adaptados ás diferentes idades.

A proposta, posta en marcha co apoio do programa “Ler conta moito” da Rede de bibliotecas públicas de Galicia, incluíu o luns o espectáculo de malabares, equilibrio e clown, o “Circo na biblioteca”, de Dani Blanco. A destinataria foi a rapazada dos últimos cursos de primaria do CEIP San Isidro e do CEIP Maciñeira.

O martes foi a quenda do alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria, que desfrutaba do show ”A maxia dos libros” co Mago da boina e con Nami. E o cartel se completou na mañá deste mércores 22 co animado contacontos musical, con voz en directo, “Os Rizos de Lía”, protagonizado por Paty Lesta, e destinado aos nenos de infantil. Nestasdúas xornadas, ao alumnado dos colexios públicos, sumouse o de Semente de Trasancos.

“Do cole á biblio” busca, a través destas propostas de lecer, achegar ao público infantil da vila ao equipamento cultural e, como non, convidalo a ler.

Lea también

Neda pondrá en marcha en noviembre cuatro cursillos de manejo del móvil para mayores

Las personas interesadas en participar deben inscribirse en la Casa del Ayuntamiento.   El Ayuntamiento …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *