A Deputación da Coruña investirá case 3,6M€ en sete liñas de subvencións ós concellos para cultura, turismo, lingua e igualdade

A Deputación da Coruña investirá o ano que vén 3.585.000 euros en sete das súas liñas de subvencións aos concellos para gastos de cultura, turismo, lingua e igualdade. As bases de todas as convocatorias están publicadas no BOP do 14 de outubro, e o prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto, tamén en todos os casos, hasta o 21 de novembro.

Os programas de axudas son os seguintes:

DP0040/2026: de subvencións a concellos da provincia da Coruña para realizar eventos de arte pública urbana na modalidade de pintura mural en 2026. Repartirá 150.000 €, cun máximo de 35.000 € por subvención.

DP0029/2026:  de subvencións a concellos e agrupacións de concellos da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes para o financiamento do gasto de persoal das oficinas de turismo en 2026. Repartirá 800.000 €, con axudas de entre 10.000 e 20.000 euros.

FO207/2026: de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento de conservatorios, escolas de música e escolas de danza municipais en 2026. Repartirá 475.000 €, cun máximo de 25.000 €  por axuda no caso dos conservatorios e de 12.500 € no caso das escolas.

FO216/2026: de subvencións a concellos de menos de 50.000 habitantes e entidades locais para financiar gastos de persoal técnico para a atención de museos e centros museísticos en 2026. Repartirá 400.000 €.

FO206/2026: de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2026. Repartirá 770.000 €, cun máximo de 15.000 €  por axuda no caso do persoal técnico en xestión cultural e de 10.000 € no caso do persoal técnico en animación sociocultural.

FOAI/2026: de subvencións a concellos de menos de 20.000 habitantes e outras entidades locais para o financiamento de persoal técnico nos servizos municipais de igualdade de xénero en 2026. Repartirá 450.000 €.

FONL/2026: de subvencións dirixida aos concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico dos servizos de normalización lingüística en 2026. Repartirá 540.000 €, cun máximo de 20.000 € por subvención.

Patrimonio cultural

A Deputación abriu tamén a convocatoria do programa DP0045/2026, de subvencións a concellos de menos de 50.000 habitantes para realizar actuacións de protección especial sobre o patrimonio cultural público ou de xestión municipal. A contía máxima da subvención non poderá superar os 150.000 € por actuación.

As bases están publicadas do BOP do 15 de outubro e a convocatoria, aberta entre o 21 de outubro e o 21 de xaneiro de 2026.

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación de todas as convocatorias realizaranse por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña.

Lea también

La CEG ve la inversión de Indra en As Pontes como una «excelente noticia» para la «reindustrialización» gallega

La Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) ha considerado la inversión de Indra en As …