A alcaldesa Ferreiro recibe no Concello de Narón aos tres novos axentes da Policía Local

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, recibiron institucionalmente aos tres novos axentes da Policía Local que se suman ao plantel do Corpo na cidade, tras realizar a pertinente formación teórica e as prácticas.

No acto estiveron tamén presentes o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, e o Oficial do citado Corpo, José Antonio Carballido. Un dos axentes, Álvaro Grueiro González, chega a Narón despois de exercer en Vilagarcía de Arousa, se ben Patricia Blanco Carballo e Juan Sánchez Sanjurjo asinaron a súa toma de posesión como funcionarios de carreira tras rematar o curso na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

A rexedora local deulles a benvida á cidade e interesouse polo seu período formativo, conversando tamén cos novos axentes sobre a cidade e desexándolles moitos éxitos no seu labor para contribuír a garantir a seguridade cidadá. O plantel da Policía Local de Narón, coa incorporación destes axentes, alcanza as 40 persoas, 37 homes e tres mulleres.

Lea también

Detenidos 3 hombres en Narón a los que intervinieron un kilo de cocaína, una pistola y 255.000 euros

La Policía Nacional, tras las investigaciones realizadas, ha detenido en Narón a tres varones como …