A Xunta licita por máis de 2M€ equipos de radioloxía para os hospitais das sete áreas sanitarias

O equipamento que se mercará, un por cada área sanitaria, correspóndese con salas de radioloxía especial que permiten obter imaxes dinámicas do corpo en movemento.

Hospital Arquitecto Marcide-Ferrol

A Xunta publica, no Portal de Contratos Públicos de Galicia , por medio da Consellería de Sanidade, a licitación do subministro de telemandos, un por cada unha das sete áreas sanitarias, con destino a hospitais da rede do Servizo Galego de Saúde, por un importe de 2.032.800 euros. Un telemando é unha sala de radioloxía especial que permite obter imaxes dinámicas do corpo con movemento, con axuda de diferentes tipos de contrastes.

Os principais usos destes equipos son as probas con contraste en uroloxía (urografías e cistografías); a histerosalpingografía, para ver a permeabilidade das trompas con contrasteiodado; e as probas dixestivas (estudos de deglución, refluxo e tránsito gastro intestinal). Estes novos equipos terán un funcionamento completamente dixital, o que supón un gran salto tecnolóxico con respecto aos equipos actuais, especialmente en calidade de imaxe, redución de doses e facilidade de uso.

As empresas interesadas neste contrato teñen de prazo ata o día 16 de outubro para presentar as súas ofertas. Esta contratación responde á necesidade de dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación da área de referencia do Servizo Galego de Saúde, mellorando a atención sanitaria coa adquisición de novo equipamento para os servizos de radiodiagnóstico.

Lea también

La Fundación Amigos de Galicia llama a la prevención del acoso escolar tras detectar casos en un 20% del alumnado atendido por sus psicólogos en Educación Secundaria

La Fundación Amigos de Galicia ha realizado un estudio sobre la percepción y vivencias del …