O Concello de Narón, está iniciando o proceso de selección do alumnado para participar no certificado profesional de Montaxe de mobles e elementos de carpintería (538 horas, código MAMR0108). A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración financia esta acción formativa do Sistema de formación profesional de grao C, para persoas traballadoras desempregadas.
Así o anunciou a concelleira responsable da área, Natalia Hermida, que subliñou que se trata dunha formación completa, nunha familia profesional moi demandada polo sector, con resultados de inserción laboral altos. Ademais de ser un dos poucos centros homologados en Galicia, para esta especialidade. Será impartido en modalidade presencial, en horario de mañá, de 5 horas ao día e con 15 prazas. Dispón de formación en empresa e curso básico de prevención de riscos laborais de 60 horas de duración homologado para o sector da construción.
Dende o Concello subliñouse a urxencia de que as persoas desempregadas interesadas en realizar este curso debe preinscribirse a través da web: diplos.xunta.gal
A edil naronesa indicou que se trata dunha acción de nivel 2. Hermida indicou que o perfil requirido ao alumnado, ademais de constar como persoas demandantes de emprego no SEPE, o Nivel 2 de cualificación, require dispor ter certa titulación académica, como a ESO, Competencias Clave de Nivel 2 e outras titulacións.
Esta formación, realizarase no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara e son de balde para as persoas participantes. Os teléfonos de contacto para recibir máis información son o 981-333135 ou 981-337700, (ext. 2602/1123). Tamén se pode solicitar máis información a través dos correos electrónicos; a.alvarez@naron.gal /a.lagoa@naron.gal. Ou acudir, directamente ao Centro Municipal de Formación, o xoves 2 de outubro, de 9:00 a 13:00 horas.