As obras de mellora na avenida das Veigas rúa Pardo Bazán nas Pontes, entran na súa fase final

Os traballos de rehabilitación do firme na avenida das Veigas e na rúa Pardo Bazán, no Concello de As Pontes, dúas das principais vías do entramado urbano, encaran xa a súa fase final.

Fuente Concello de As Pontes

Este mércores 10, está previsto o comezo das actuacións de mellora do firme, o que suporá o peche alternativo dos carrís de circulación mentres se executan os traballos.

As intervencións, cun orzamento de 79.421,08 euros financiados pola Deputación da Coruña centráronse na rehabilitación superficial e estrutural dos viarios, co obxectivo de garantir unha circulación máis segura, cómoda e eficiente tanto para vehículos como para peóns.

O plan incluíu tarefas de limpeza e preparación das marxes, fresado do firme deteriorado, regularización de zonas deformadas, reparación de fochancas con mestura bituminosa e agora procederase instalación dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente. Ademais, renovarase a sinalización horizontal para mellorar a organización do tránsito.

Desde o Concello das Pontes sinalan que “estas obras forman parte do noso compromiso cunha vila máis segura, accesible e adaptada ás necesidades da veciñanza. Estas actuacións non só melloran a estética e funcionalidade das rúas afectadas, senón que tamén contribúen a reducir o risco de accidentes e a prolongar a vida útil da infraestrutura viaria.”

Lea también

Las entidades memorialistas de Ferrolterra pueden solicitar la incorporación al Consejo de la Memoria Democrática de Neda

Tras la aprobación del reglamento del Consejo de Memoria Democrática del Ayuntamiento de Neda, el …